Marea de Vigo llevará al próximo pleno una moción para la toma de medidas urgentes en defensa del sector naval y de los astilleros en nuestra ciudad.

|

O grupo municipal defenderá a inmediata intervención pública de Barreras a través da SEPI e a apertura urxente dunha investigacion da fiscalia ante os indicios evidentes de descapitalizacion fraudulenta do patrimonio, dereitos de cobro e da carga de traballo.





Pretendemos dar visibilidade a situación que está vivindo o sector naval na nosa cidade. Sobre todo o que está acontecendo nos dous grandes estaleiros de referencia como a antiga Vulcano, hoxe San Enrique, e Barreras, sobre a que vimos de coñecer novas verdadeiramente inquetantes como que finalmente as persoas que viñeron facer o barco Evrima asinaron unha hipoteca sobre os terreos do estaleiro así como outras cuestións financeiras aínda por aclarar” sinala Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal.

A situación do antigo estaleiro Vulcano e o espazo que ocupa tamén é “moi preocupante” para a Marea de Vigo, ante o que cualifican como “boicot sistemático” por parte da Autoridade Portuaria “ao facer todo o posible para que os novos donos do estaleiro, dispostos a retomar a actividade industrial, non poidan facelo” apunta o voceiro. Neste sentido, Marea de Vigo defenderá no Pleno que o Goberno Galego e do Estado defendan a continuidade do proxecto industrial nos terreos da antiga Vulcano.

Na mesma liña mantida nos últimos anos e defendida encarecidamente, Marea de Vigo pedirá tamén que a Xunta garanta o pago de débedas contraídas polos estaleiros coa industria auxiliar antes de calquera eventual inxección de recursos públicos nos mesmos, “para frear xa a grande inxustiza cometida con ducias de pequenos empresarios da ría, como o caso da Plataforma de Impagos do Morrazo” matiza Rubén Pérez.

“Nin a SEPI en ámbito estatal, nin a Xunta no eido galego queren asumir os seus papeis como instrumentos dinamizadores da industria naval – suliña Rubén Pérez -. En todo o sector asistimos a unha falla clara de futuro, coas administracións públicas que actuaron como avalistas, financiadores e mesmo como negociadores de quitas de débeda de lado e sen actuacións claras e decididas para defender un sector estratéxico para a economía viguesa e de todo o sur da provincia de Pontevedra” conclúe.

Comentarios