A.V. de Teis y Chapela convocan el 29 de julio a las 20:00 h, una contracción en la rotonda de Cabanas-Rande, para exigir la inmediata supresión del peaje y la retirada de las cabinas.

|

As Asociacións Veciñais de Teis e de Chapela, convocamos unha concentración o vindeiro xoves 29 de xullo ás 20:00 horas, na rotonda de Cabanas-Rande, para esixir a supresión inmediata da peaxe no tramo Redondela-Vigo da autoestrada AP9 e a retirada das cabinas.

Onte ambas Asociacións enviamos unha carta a nova Ministra de Transportes

, Raquel Sánchez, na que sinalamos a nosa sorpresa pola intención deste Ministerio, de obrigar a instalación do sistema OBE (tele peaxe ) para os turismos para poder aplicarse a rebaixa.

No tramo da peaxe Redondela-Vigo, sempre falamos de supresión. O goberno central quer enganar a veciñanza, anuncian unha rebaixas, para logo dificultar e impedir que a veciñanza use ese tramo da autoestrada AP9.

Temos que lembrar que hai un anuncio de que as rebaixas íanse aplicar neste mes de xullo. Agora, desde o goberno central, falase do mes de agosto.

A veciñanza de Teis e Chapela, queremos as mesmas condicións, que cando se suprimiron outros tramos da peaxe na AP9. O mantemento das cabinas, só se entende, para logo no futuro por novamente peaxe neste tramo.

As demandas veciñais sobre a autoestrada AP9, non se limitan só a supresión da peaxe. Queremos lembrar a importancia é a necesidade de que a supresión desta peaxe, supoña tamén a conversión da autoestrada en tramo urbano desde Padín (Teis) ate o centro da cidade, con acesos, o que permitiría reducir o elevado tráfico que padece Teis e Chapela, especialmente nas rúas Sanjurjo Badía, na Travesía de Vigo en Teis e na avenida de Vigo e na avenida de Redondela en Chapela.

Non menos importante son as medidas contra contaminación acústica, coa instalación de pantallas, debido a elevado ruído que padece a veciñanza que vive no entorno da autoestrada AP9.

Logo levamos dous anos reivindicando a mellora dos pasos elevados da autoestrada en Teis, en concreto nos camiños da Xorxa e da Trapa, debido a súa falta de mantemento e impedir a incomunicación deste lugares de Teis, como pretende o Ministerio de Transportes.

Tamén está pendentes as obras de humanización na parroquia de Chapela, provocadas pola última ampliación da autoestrada AP9, as cales están aprobadas na adenda.

Comentarios