La Xunta le solicita al Ayuntamiento de Vigo la puesta a la disposición de los terrenos necesarios para ejecutar las conexiones y espacios libres del campus del mar de la ETEA

|

  • O director da Axencia Galega de Infraestruturas informou por escrito á concelleira de Urbanismo do progreso na redacción do proxecto construtivo e da necesidade de contar cos terreos antes a contratación das obras
  •  A Xunta investirá 7,13 millóns de euros na execución das vías interiores da ETEA e na súa comunicación co barrio de Teis, ademais da reurbanización da Praza de Armas e da Avenida central e a recuperación da contorna da praia da Punta da Guía


A Xunta de Galicia vén de dirixirse ao Concello de Vigo para solicitarlle a posta á disposición dos terreos necesarios para executar os viarios, os espazos libres, zonas verdes e as infraestruturas (PS-1) do Campus Científico-Tecnolóxico proxectado nos terreos da antiga ETEA.

O director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, dirixiuse por escrito á concelleira delegada da Área de Urbanismo do Concello de Vigo, María José Caride, para trasladarlle que a Xunta ten moi avanzada a redacción do proxecto construtivo correspondente á urbanización do ámbito PS-1 da antiga ETEA, correspondente coa área de vías, espazos libres e infraestruturas.

Menéndez apunta que, antes de poder licitar as obras, cómpre comprobar a dispoñibilidade dos terreos, polo que o Concello de Vigo, como titular do ámbito correspondente coa PS-1, debe remitir á Axencia Galega de Infraestruturas un documento que acredite a súa posta á disposición.

O Consello da Xunta aprobou o pasado mes de febreiro o proxecto sectorial do ámbito da PS-1 da antiga ETEA, un área de 20.000 metros cadrados reservado a albergar os espazos libres, as zonas verdes e todas as conexións do Campus Científico-Tecnolóxico do Mar, tanto as interiores como as que o enlazarán coa cidade de Vigo, concretamente co barrio de Teis.

Este é un dos proxectos sectoriais promovidos directamente polo Goberno galego nestes terreos e cumprirá unha importante función vertebradora entre todos os ámbitos que forman o futuro complexo. As obras que a Xunta prevé executar na PS-1 da ETEA supoñen un investimento de 7,13 millóns de euros, e sumaranse ás do PS-6 para un investimento conxunto de máis de 10 M€ en obras de urbanización.

O PS-1 abarca a vía de acceso á ETEA desde a avenida da Mariña Española, a praza de Beiramar e o seu peirao e a explanada anexa, ademais dos espazos colindantes á praia da Punta da Guía. O

Comentarios