El BNG de Vigo pide explicaciones al Gobierno municipal por la talar de árboles en la plaza del Princesa

|

  • A fronte nacionalista esixe que se xustifique a corta de varios exemplares de liquidámbar no centro da cidade.
  • Xabier P. Igrexas: “As árbores son moito máis que un elemento ornamental, non son apenas mobiliario urbano, senón que xogan un papel fundamental no ecosistema urbano”.



O Bloque Nacionalista Galego demandará explicacións ao Goberno municipal pola talla de varias árbores realizada nos últimos días na praza da Princesa. Denuncian o “arboricidio permanente” que se sigue a perpetrar na cidade e urxen unha rectificación por parte do Concello.

Así o anunciou esta mañá o concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas. “A corta de varios exemplares de liquidámbares na praza da Princesa supón un novo arboricidio en pleno corazón da nosa cidade. Unha actuación que consideramos inxustificada polo que imos pedir explicacións ao Goberno local desta nova agresión contra do arborado urbano”, afirmou.

O portavoz municipal nacionalista recalca que “as árbores son moito máis que un elemento ornamental, non son apenas mobiliario urbano, senón que xogan un papel fundamental no ecosistema urbano”.

Igrexas denuncia que os exemplares tallados tiñan nalgúns casos máis de vinte cinco anos e ofrecían unha importante zona de sombra na praza da que disfrutaba moita veciñanza. “Temos que seguir insistindo desde o BNG en esixir que cese o arboricidio permanente, en pedir a fin deste comportamento  absolutamente irresponsábel en termos ambientais, que despreza e maltrata o arborado urbano de Vigo e que non está a altura da elevada conciencia ecolóxica que temos unha amplísima maioría das viguesas e dos vigueses”, reclamou o edil nacionalista.

“Os tempos nos que se trataba as árbores coma se fosen postes con follas xa quedaron felizmente no pasado. Por iso o Goberno de Abel Caballero debera comprender a importancia que ten o arborado para a nosa cidade”, remachou.


Thumbnail praza princesa 01



Comentarios