Los bomberos de Vigo denuncian que solo hay dos efectivos en cada parque para toda la ciudad

|

Atopámonos de novo ante un atentado contra a seguridade dos traballadores do speis de Vigo e por conseguinte da cidadanía que depende deles. A incomprensible deixadez municipal co servizo de bombeiros esta a provocar que garda tras garda, dende fai meses e con maior incidencia dende que comezou o período estival, o número de efectivos dos parques non cheguen a cubrir os servizos mínimos para poder estar abertos. Hoxe dous bombeiros en Teis e dous en Balaídos son os que se van a encargar de atender tódalas emerxencias da cidade. Están a xogar coa vida dos compañeiros que fan fronte a esta situación. Non comprendemos como dende a concellería de seguridade non se toma unha solución urxente para correxir este gravísimo problema de falta de persoal. ¿Onde está o alcalde que tanto presume da mellor cidade do mundo? ¿Onde se agocha a señora Elena Espinosa Mangana, responsable directa da seguridade da cidade? ¿Cómo van a durmir esta noite mentres só dous bombeiros se atopan en cada un dos parques municipais? ¿Pechar un parque vai ser a próxima medida que vai tomar esta irresponsable corporación? Os traballadores do corpo de bombeiros de Vigo non somos responsables da nefasta xestión municipal, pero vémonos na obriga de denuncialo públicamente e apuntar años responsables directos desta situación: a xefatura de seguridade coa concelleira Elena Espinosa á cabeza. Así como o máximo responsable da corporación o alcalde Abel Ramón Caballero González

Comentarios