Marea de Vigo denuncia la tala injustificada de árboles en la plaza de la princesa.

|

  • Rubén Pérez: “As árbores taláronse soamente para improvisar un espazo onde montar os forxados da obra”.
  • Conservar o entorno urbano existente é tamen conservar o patrimonio natural preexistente, especialmente no tocante a árbores de gran porte e consolidadas, elemento a protexer no urbanismo civilizado do século XXI” sinala Rubén Pérez.






Marea de Vigo afirma que é “unha auténtica chapuza” a totalidade da obra e considera que “proceder á tala de catro árbores exclusivamente para ter un espazo onde montar forxados é un disparate tendo metros dabondo para realizar este traballo no cercado da obra” segundo apunta Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal.

Marea de Vigo esixe explicacións ao Goberno local ante o que cualifica como “unha decisión improvisada e ridícula” da execución de obra xa que existe espazo suficiente no conxunto da delimitación da obra para realizar a montaxe dos forxados de ferro e outras estruturas sen necesidade de ocupación da superficie que ocupaban as árbores senlleiras.

O Grupo municipal denuncia ademais que no proxecto só figuraba un sondeo previo na Praza da Princesa e na totalidade da documentación que motiva a inclusión do mesmo como posible proxecto con financiación europea se cita textualmente a escasa incidencia mesmo na devandita praza, “onde soamente se recolle a pavimentación de Rúa Carral, Policarpo Sanz e Praza da Princesa con pavimento con características e acabados similares aos existentes actualmente” aclara Pérez.

O voceiro do Grupo suliña que “mesmo nas infografías presentadas a bombo e prato aos medios de comunicación, se visibiliza a non afección da obra ao entorno da praza e mesmo se cita textualmente que por ello, el presente Proyecto tiene como principal objetivo la recuperación de espacios para los peatones, ….. todo ello, minimizando la afección del entorno urbano de la Puerta del Sol y Plaza de la Princesa

Para Marea de Vigo, a tala de catro grandes árbores para dar un espazo de traballo a tarefas relacionadas coa construción do túnel “era absolutamente evitable” e considera que o Concello “debe aclarar como se procedeu a esta actuación que non figura en ningún lado do proxecto construtivo e está fora do ámbito de actuación do propio proxecto de obra” conclúe o voceiro.

Comentarios