La asociación de vecinos Teis, denuncia la falta de mantenimiento del parque de la Riouxa y demanda un plan de actuación.

|

A Asociación Veciñal de Teis, quer denunciar a falta de mantemento do parque da Riouxa, un dos grandes parques da cidade. O pasado 21 de maio, presentamos un escrito demandando unha mellora no mantemento e varias melloras no parque, das que non obtivemos resposta.

Na zona arborada, hai abundancia de acacias e mato. No caso das acacias hai que tomar medidas para eliminar está especie invasora.

Ademais, hai zonas que parecen que estamos diante dunha finca abandonada ou a monte, como é o caso das pérgolas, do anfiteatro e do seu entorno. É necesario que haxa un xardineiro diariamente neste parque, como houbo hai tempo.

Na década dos anos 90 realizouse a ampliación da baixada a Rotea, collendo terreos do parque, pero quedou pendente de facer unha parte do muro que rodea o parque. Este muro leva sen finalizarse uns 30 anos.

Desde fai anos vimos denunciando que os parques infantís existentes son insuficientes para atender as necesidades das familias do barrio. Polo que consideramos necesario a ampliación do parque infantil existente na Riouxa, para contar cun grande parque infantil en condicións, como hai no parque de Castrelos, O Castro ou na parroquia de Chapela.

A Riouxa, é un dos grandes parques da cidade, cunha superficie 60 hectáreas,pero necesita mellorar tanto no seu mantemento como nas dotacións, pois é un espazo descoñecido e desaproveitado pola deixades municipal.

Polo que esiximos, unha mellora do mantemento do parque e un plan de actuación para por en valor o mesmo.






Comentarios