El área sanitario de Vigo rechaza rotundamente las críticas del Abel Caballero sobre el proceso de vacunación.

|

  • Lamenta que o rexedor municipal terxiverse a realidade dun proceso que recibe diariamente a felicitación dos cidadáns 
  •  O número de profesionais adscritos á vacinación no Ifevi está perfectamente dimensionado para as doses que se administran a diario - Son absolutamente inadmisibles manifestacións como que o proceso de vacinación é un desastre, que só contribúen a sementar a zozobra entre a poboación


A Área Sanitaria de Vigo rexeita rotundamente as declaracións realizadas no día de hoxe polo alcalde de Vigo, nas que critica o proceso de vacinación que leva a cabo no Recinto Feiral de Vigo (Ifevi). Un procedemento que, mesmo, chegou a cualificar de desastre. Os responsables da Área Sanitaria lamentan profundamente estas declaracións do rexedor municipal sobre un proceso que recibe, diariamente, felicitacións por parte dos miles de cidadáns que acoden ao Ifevi para recibir as súas doses de vacinas. Unha vez máis o alcalde vigués trata de usar o Covid para facer política, neste caso coa vacinación. Desde a Área Sanitaria solicítaselle que deixe de restar e que algunha vez sume. Restou en todo o relativo ao Hospital público Álvaro Cunqueiro, restou coa vacinación en xeral e agora pretende facelo coa vacinación aos máis novos. É hora que sume e apoie. Por outra banda, o número de profesionais adscritos cada día á administración de doses está dimensionado respecto ao número de vacinas que se pautan diariamente. Non debería dicir, de forma pouco meditada, que no día de onte había pouco persoal no Instituto Feiral para vacinar, cando el sabe perfectamente que non é certo. Se no día de onte producíronse colas na vacinación foi debido a que moitas persoas que estaban citadas á primeira hora da mañá, acudiron máis tarde, acumulándose desa forma máis citados dos previstos en determinados momentos. En calquera caso, a espera nunca chegou a ser do tempo que dixo o alcalde. E iso prodúcese grazas á profesionalidade do persoal que compón todo o proceso de vacinación. Por ese motivo resultan inadmisibles as declaracións do rexedor municipal vigués que só contribúen a sementar a zozobra entre a poboación á que di representar.

Comentarios