Marta Fernández-Tapias y la Asociación de Palilleras de Mos presentan el I encuentro de labores en el camino en el marco de “O teu Xacobeo”

|

  • A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, xunto á alcaldesa Nidia Arévalo, coñeceu esta proposta que vencella a arte de palillar co patrimonio cultural e artístico dos Camiños de Santiago na exposición “Camiño do Encaixe”
  •  O programa complétase con obradoiros e un desfile coas prendas do Concurso de Noveis Deseñadores no que estarán presentes varias firmas galegas de mod


A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, achegouse hoxe ata o Pazo de Mos para presentar o I Encontro de Labores no Camiño, a proposta da Asociación de Palilleiras de Mos no marco do programa de “O Teu Xacobeo”.

A iniciativa arrancou este mesmo xoves coa inauguración da exposición “Camiño do Encaixe”, da artesá galega Ana Rosa Lista Sebe. Unha mostra que, en palabras da representante autonómica, “vencella a arte de palillar co patrimonio cultural e artístico dos Camiños de Santiago a través da simboloxía e dos edificios emblemáticos que transcorren polas rutas xacobeas”. Ao acto, tamén asistiron a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a presidenta da Asociación de Palilleiras do municipio, Montserrat Pereira.

Segundo desvelaron na presentación, o programa inclúe tamén a celebración de dous obradoiros “Os Camiños do Encaixe I e II”, que serán impartidos por Lista Sebe os días 18 e 19 de setembro, dirixidos a todos aqueles que queiran ben iniciarse nesta arte ou especializarse e que terán lugar no Pazo dos Marqueses.

Asemade, o 28 de agosto polos xardíns do Pazo de Mos se celebrará un desfile con prendas do Concurso de Noveis Deseñadores no que estarán presentes varias firmas galegas de moda.

Neste sentido, a delegada territorial sitúo as iniciativas que se están a desenvolver baixo o paraugas de “O Teu Xacobeo” o mellor exemplo dun Ano Santo que quere chegar a todos e todas as galegas e todos e cada un dos recunchos de Galicia. Un Xacobeo que supón un aliciente nesta saída da crise sanitaria, no que ten cabida calquera disciplina artística, cultural, musical ou deportiva, e o mellor revulsivo para a recuperación turística.

“Iniciativas como a que hoxe presentamos combinan tradición, vangarda e talento cos valores inherentes do Camiño de Santiago, ofrecendo propostas de valor diferenciado como é o caso deste I Encontro de Labores no Camiño e da exposición Camiño do Encaixe”, concluíu Fernández-Tapias


Thumbnail 20210805EncontroLaboresMos2 (1)



Comentarios