Marta Fernández-Tapias destaca el compromiso de la Xunta con el Marisquiño cómo referente europeo del deporte urbano y como por el de atracción turística en Vigo

|


  • A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, valorou a celebración de eventos como este que fomentan a actividade deportiva, contribúen á dinamización económica e proxectan no mundo a imaxe de Vigo e de Galicia
  • Remarcou a aposta do Goberno galego pola continuidade dun encontro que se consolidou no tempo cunha achega que alcanza este ano os 242.000 euros


A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, destacou hoxe, nun acto celebrado con motivo do arranque este venres dunha nova edición do Festival do Marisquiño, o compromiso da Xunta cun evento que é referente europeo do deporte urbano e polo de atracción turística en Vigo.

Un modelo que, segundo dixo, conxuga con éxito turismo e deporte, fomentando a actividade deportiva, contribuíndo a dinamización económica e proxectando internacionalmente a imaxe de Vigo e de Galicia a través do Xacobeo 21-22.

Acompañada polo fundador do festival e o seu director, Carlos Domínguez “Pity” e Joako Ezpeleta, xunto a unha representación dos participantes que tomarán parte nas actividades deportivas programadas para este fin de semana no Paseo das Avenidas de Vigo, Fernández-Tapias remarcou a aposta do Goberno galego pola continuidade deste encontro cunha achega que este ano alcanza os 242.000 euros, e que cumpre ao 100% coa solicitude formulada pola organización.

“O noso compromiso co festival é unha aposta de futuro. Tíñamos que evitar a súa marcha da cidade e facer un último esforzo por retelo en Vigo”, apuntou a representante autonómica, quen recordou que o anuncio dunha rebaixa do 70% por parte do Concello e da Deputación ameazaba a súa permanencia. “Coa nosa achega conseguimos que ambas institucións rectificasen, xa que de non facelo hoxe se estaría falando do Marisquiño noutra cidade”, engadiu.

Fernández-Tapias sinalou que co seu apoio a Xunta recoñece os 20 anos de traxectoria do festival e avala a súa continuidade no tempo. Celebrou así que manteña a súa cita malia as dificultades derivadas da pandemia “porque é bo para Galicia e é bo para Vigo”, recordando que na edición do ano 2019 foi quen de congregar a 160.000 persoas durante tres días na cidade, con máis dun centenar de competicións deportivas e unha vintena de actividades musicais.

Nun ano significativo para o turismo galego, coa celebración do Xacobeo e a aposta por Galicia como destino seguro e de calidade, o Marisquiño preséntase como unha oferta diferente e diferenciada que pon en valor o deporte como atractivo turístico e que supón un potencial económico para a cidade olívica e para a súa bisbarra.

Thumbnail 20210805Marisquino



Comentarios