El BNG de Vigo le advierte al alcalde que instalar alumbrado de navidad en los árboles de la ciudad es ilegal

|


  • A ordenanza municipal de zonas naturais e espazos verdes, en vigor, prohibe ex-presamente pendurar ningún tipo de elemento no arborado.
  • Xabier P. Igrexas: “Que problema ten Abel Caballero coas árbores? A súa obsesión raia na dendrofobia



O Bloque Nacionalista Galego advirte o Goberno municpal de Vigo de que a instalación de alumeado de nadal nun milleiro de ábores da cidade, anunciada polo alcalde Abel Caballero, é ilegal ao contravir o disposto na ordenanza municipal de zonas naturais e espazos verdes.

O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, lémbralle ao rexedor que o artigo 16.6 da orde-nanza municipal estabelece literalmente a prohibición de “Arrincar ou partir árbores, pelar ou arrin-car as súas ‘cortizas’, cravar puntas, atar ás mesmas randeiras, escaleiras, ferramentas, soportes de andamiaxe, ciclomotores, bicicletas, carteis ou calquera outro elemento, gaberar ou subir ás mesmas”.

Igrexas anunciou que a fronte nacionalista interpelará o Goberno local na próxima Comisión Infor-mativa de Medio Ambiente do Concello para conminalo a respeitar a normativa municipal.

“As árbores non son postes e resuta moi difícil de entender que o alcalde non comprenda que o acaba de anunciar é aberta e totalmente ilegal, e se permita o luxo de facer gala de que vai incumprir deliberadamente unha ordenanza municipal en vigor”, reprochou o edil.

Dendrofobia


O portavoz municipal nacionalista cargou contra a política arboricida do executivo local. “Que pro-blema ten Caballero coas árbores? A súa obsesión, polo arboricidio permanente, raia xa no patoló-xico, parece que padecese dendrofobia (fobia ás árbores)”, afirmou, lembrando as reiteradas tallas “arbitrarias e inxustificadas” como a recentemente practicada na praza da Princesa contra varios exemplares sanos de liquidámba


Comentarios