La Asociación Vecinal de Teis cree que el ayuntamiento hace un “ lavado de cara “ , en el parque de la Riouxa, luego de la denuncia de la falta de mantenimiento de la asociación.

|

O pasado mércores 4 de agosto, a Asociación Veciñal de Teis, denunciaba a falta de mantemento do parque da Riouxa e a necesidade de melloralo ( xardineiro diariamente no parque, ampliar o parque infantil, finalizar o muro que rodea o parque, etc).

Na rolda de prensa do 5 de agosto, Abel Caballero, Alcalde de Vigo, acusaba a esta Asociación de “ mentireira” en relación a situación do parque da Riouxa.

Pero curiosamente, entre o 5 e 6 de agosto, o persoal da empresa concesionaria de parques e xardíns, procede a rozar a herba do parque, na zona central, pérgolas e anfiteatro. Fai un “ lavado de cara “ pois actúa nos lugares máis visíbeis do parque deixando outras zonas aínda sen tocar, como a zona arborada ou nuns dos laterais do anfiteatro, en ambos espazos hai mato.

Unha vez máis, quedou demostrado quen mentía era Abel Caballero, en relación a situación de falta de mantemento dun dos grandes parques da cidade de Vigo. A súa intención era desacreditar a está a Asociación, como xa ten intentado noutras ocasións.

A isto engadir que o pasado final de semana, un xornal da cidade publicaba, que o futuro PXOM, pendente aínda de aprobación, recolle a ampliación do parque da Riouxa en 2.813 metros cadrados a incorporar aos actuais 56.853 metros cadrados.

A ampliación a día de hoxe do parque da Riouxa, é “ciencia ficción “ pois que figure no PXOM, non significa que se vaia realizar e máis con este goberno municipal . O Alcalde, deberá de preocuparse de conservar o actual, mellorando o mantemento e as dotacións que oferta esta parque (ampliación parque infantil, finalizar o muro que rodea o parque, eliminar as acacias e os eucaliptos, etc).

Por último, logo da denuncia da Asociación o Alcalde, Abel Caballero, ademais de desacreditar a está Asociación anunciaba que están a estudar a mellora do parque infantil e a reordenación das arbores, polo que imos solicitar coñecer en que consisten estes proxectos e cando se van realizar.

Comentarios