La Xunta ajusta los aforos de la hostelería para controlar la transmisión de la covid

|

  • A espera da resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, implantaranse unha serie de medidas alternativas a partires do vindeiro martes
  •  Sanidade pide prudencia á poboación, ante unha ponte festiva na que se prevé moito movemento e lembra que é fundamental o cumprimento das normas


A Xunta de Galicia está á espera da resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) e seguindo o seu criterio, os certificados deixan de ser esixibles para o control da transmisión nos interiores da hostalería e do lecer nocturno en función do nivel do concello.

Na súa ausencia, preparáronse unha serie de medidas alternativas para seguir tratando de manter o control da transmisión, que implican unha revisión dos aforos, previamente ampliados grazas ao uso do certificado. En todo caso, buscando non causar un mal maior nin ao sector nin sobre todo á poboación que coñecía e manexaba unhas normas que agora van cambiar, establécese un tempo razoable para a correcta difusión e coñecemento, que leva á entrada en vigor das novas normas ás 0.00 horas do martes, no caso de que o TSXG non ratificase o luns as medidas hoxe remitidas.

Ditas normas consistirían no axuste de aforo no interior da hostalería do nivel máximo, pasando do 30 % con certificado ao seu peche. No caso do nivel alto pasaría dun aforo do 50 % con certificado ao 30 % sen certificado. No caso do lecer nocturno, o aforo no interior dos niveis medio e medio baixo modificaríanse do 50 % con certificado ao 30 % sen certificado. Estas medidas serán revisadas polo comité clínico na súa reunión do próximo mércores e axustadas, de ser o caso, para optimizar o control da transmisión.

Dende a Consellería de Sanidade pídese prudencia á poboación, ante unha ponte festiva na que se prevé moito movemento e lembra que é fundamental o cumprimento das normas.

Comentarios