El Álvaro Cunqueiro realiza la quinta intervención de un implante de asistencia ventricular de larga duración que suple la función del corazón

|

  • A operación consistiu na colocación dun dispositivo de asistencia ventricular esquerda a un home de 71 anos e foi realizado polo equipo de Cirurxía Cardíaca, nunha intervención interdisciplinar con un grupo de especialistas do hospital 
  •  Esta intervención forma parte da actividade que realiza a Unidade de Insuficiencia Cardíaca no servizo de Cardioloxía -
  • O dispositivo funciona como un corazón artificial e está indicado como tratamento definitivo para pacientes con insuficiencia cardíaca terminal aos que non se lles pode realizar un transplante



O Hospital Álvaro Cunqueiro realizou con éxito a quinta intervención de implante dun dispositivo de asistencia ventricular esquerdo, un mecanismo que prolonga a vida do paciente con insuficiencia cardíaca avanzada e que na práctica funciona coma se fose un corazón artificial. O equipo de Cirurxía Cardíaca, que dirixe Juan José Legarra, foi o encargado de levar a cabo a intervención coa participación doutros especialistas. A Unidade de Insuficiencia Cardíaca do servizo de Cardioloxía, con David Dobarro á fronte, ocúpase do seguimento e da evolución do paciente. A intervención realizouse a un paciente home de 71 anos de idade, cunha doenza cardíaca na que non se podía levar a cabo un transplante de corazón. “O emprego destes dispositivos reverte os síntomas da insuficiencia cardíaca, mellora a calidade de vida dos pacientes e permite prolongar a súa expectativa de vida, xa que veñen a suplir funcións que habitualmente realiza o corazón, con resultados mellores que o tratamento con medicamentos”, explica o doutor Legarra. Dispositivo de alta tecnoloxía O dispositivo Heartmate 3 é unha bomba mecánica implantable que axuda ao corazón para bombear o sangue desde o ventrículo esquerdo ao resto do corpo, xa que se conecta coa aorta. Conta cunhas baterías externas que proporcionan enerxía durante 17 horas ininterrompidas e que o paciente debe recargar durante o soño nocturno. Esta tecnoloxía permite que o paciente realice con normalidade a maioría das tarefas cotiás que antes pola súa insuficiencia cardíaca realizaba con dificultade pola fatiga. Trátase dun dispositivo tecnoloxicamente moi avanzado no cal o empuxe do sangue realízase por un rotor que vira a máis de 4.500 revolucións por minuto, grazas a un mecanismo de levitación magnética completo. “O implante destes dispositivos é cada vez máis frecuente no mundo e no noso medio, debido á escaseza de órganos para o transplante cardíaco e á melloría dos diferentes tratamentos que permiten que persoas con enfermidades cardíacas serias, con todo, ÁREA SANITARIA DE VIGO Servizo de Comunicación e Relacións Institucionais Hospital Álvaro Cunqueiro – Planta 0 – Vela E Estrada Clara Campoamor, 341 Babio – Beade 36213 Vigo (Pontevedra) T: 986 217 091 Mail: comunicación.vigo@sergas.es cheguen a idades avanzadas, onde o transplante cardíaco xa non é unha opción de tratamento. Este tipo de programas de soporte mecánico cardíaco de longa duración é o froito da colaboración multidisciplinar dos servizos de Cirurxía Cardíaca, Anestesioloxía e Reanimación e Cardioloxía, requirindo dun esforzo técnico e humano excepcional tanto na valoración dos casos como no implante e no seguimento a longo prazo dos pacientes. 



A379a77e d31a 4c0f 8c38 679204564bb6

Pé de foto: de esquerda a dereita: Juan José Legarra, xefe de servizo de Cirurxía Cardíaca; Rafael Pita-Romero, xefe de sección de anestesia; David Dobarro, responsable de postoperatorio da Unidad de Insuficiencia Cardíaca; e Marian Varela, anestesista


Comentarios