El BNG de Vigo invita a Caballero a pasear por Elduayen para comprobar el “martirio” que sufren vecinos y comerciantes por el descontrol de las obras del túnel

|

A fronte nacionalista critica a “total inacción” do Goberno municipal cando se cumpre unha semana da denuncia das incidencias que se están a producir na obra por falla de supervisión




Cando se cumpre unha semana desde que o Bloque Nacionalista Galego denunciou, na Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo, as incidencias que se están a producir nas obras de tunelación na rúa Elduayen, a fronte nacionalista critica a “total inacción” do Goberno municipal.

O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, afea o “desleixo e falla de resposta” por parte do Goberno presidido por Abel Caballero diante das queixas veciñais das que se fixo eco a súa forma-ción.

“Pasou unha semana da denuncia do BNG e o Goberno de Caballero non fixo nada. Hai sete días dicían que non sabían dos problemas, algo que xa era dificil de crer, pero agora que teñen máis que cosntancia do que sucede decidiron seguir sen facer nada”, reprochou o portavoz municipal nacio-nalista.

Á deficiente instalación de lonas de protección inadecuadas, ás dificultades para o tránsito seguro de peóns, ou aos importantes problemas de ruído, engádese agora unha maior presenza de partí-culas en suspensión, polo voado de terra e outros materiais a causa do vento. Aliás, seguen sen habilitarse medidas para evitar que se produzan novos golpeos de maquinaria e grandes elementos da obra contra as fachadas de edificios catalogados.

“O que ten que facer Caballero e a súa equipa de goberno é erguerse dos seus cómodos despachos no Concello e baixar a pé apenas uns metros, para comprobar in situ o martirio que padece a veci-ñanza e os locais comerciais da rúa Elduayen e do conxunto do Casco Vello”, instou Igrexas, recla-mando que se actúe “xa” para resolver esta problemática que ten causa na falla de supervisión dunhas obras municipais.

Comentarios