La Xunta propone a los hosteleros una apertura por tramos basada en el cumplimiento de las normas anti covid

|

  •  Trátase dun marco definitivo e estable para o sector da hostelería que ofrece un sistema xeral para toda Galicia
  •  A Dirección Xeral de Saúde Pública supervisará o cumprimento dunhas medidas recollidas nun documento que foi enviado aos representantes da hostalería para que presentarán as alegacións que estimen oportunas


O vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a directora xeral de Saúde Pública, Carmen Durán, mantiveron esta mañá unha reunión cos representantes da hostalería galega na que se propuso unha ampliación por tramos dos aforos dos locais, de acordo ao cumprimento de medidas anticovid extraordinarias.

A consellería de Sanidade remitíu aos representantes hostaleiros un documento elaborado pola Dirección Xeral de Saúde Pública no que se recollen os indicadores que permitirán unha maior apertura dos locais de ocio. Trátase dun marco definitivo e estable para o sector da hostelería que ofrece un sistema xeral para toda Galicia.

Este documento, todavía aberto, e á espera de recibir e estudar as alegacións que o sector presente, abre un novo marco no que o cumprimento de medidas anticovid extraordinarias, como son a instalación de medidores de CO2 con sondas para limpar o aire, o uso de menús QR, empregar de manteis dun só uso ou levar a cabo unha maior limpeza periódica dos locais, conlevaría a unha ampliación por tramos dos seus aforos.

Con todo, o documento final someterase a análise por parte do comité clínico para a súa aprobación e posterior posta en marcha. Deste xeito, a Xunta avanza no seu obxectivo de poder disfrutar dunha hostelería segura, tanto para os traballadores do sector, coma para os seus clientes.

Comentarios