Marea de Vigo pide que el público pueda volver físicamente a los plenos del ayuntamiento.

|

  • Ante a relevancia do Pleno extraordinario de mañá no que se aprobará inicialmente o novo PXOM, o Grupo municipal insiste na importancia do acceso da veciñanza.
  • Non entendemos como se están celebrando todo tipo de eventos na cidade e para unha cuestion tan relevante como a aprobación inicial do novo PXOM non pode asistir público” sinala Rubén Pérez.


Mañá 26 de agosto, celebrarase o que “se cabe é o Pleno máis importante do ano, xa que aprobarase inicialmente o instrumento legal urbanístico que vai rexer no municipio durante os vindeiros anos” apunta Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal da Marea de Vigo. Dende Marea de Vigo non se entende como a estas alturas non pode volver o publico ao Pleno do Concello “mantendo as medidas de seguridade que se están levando a cabo en eventos públicos, moitos deles organizados pola propia institución local na nosa cidade” engade o voceiro.

“É de extrema importancia que a veciñanza poida ter acceso ao que se vai aprobar mañá así como ao seu debate, xa que as decisións urbanísticas que se tomarán en base a ese Plan Xeral afectan a milleiros de persoas no noso municipio” matiza Pérez. Tal e como xa se está facendo en moitos concellos do país e no conxunto do estado, “é un bo momento para recuperar a presenza física no salón de Plenos do Concello, de veciñas e veciños que democráticamente queiran asistir ao Pleno” suliña o voceiro. “Non entendemos como se están celebrando todo tipo de eventos na cidade e para unha cuestion tan relevante como a aprobación inicial do novo PXOM non pode asistir público” engade.

Asi mesmo, Rubén Pérez lembra que se ben é certo que se pode seguir o pleno a través de internet, “tamén o é que non existe divulgación algunha e mesmo aos Grupos municipais, partícipes activos no Pleno, moitas veces nos chega o mesmo día do Pleno”.

Marea de Vigo vai solicitar a volta do público ao Pleno xa que, segundo Rubén Pérez, “sería un bo xesto, por parte do Goberno local, para ir cambiando o que é a gran eiva do Plan: a falta de participación cidadá para a elaboración do plan, máis aló de períodos de alegacións a un Plan Xeral de feitos consumados”.

Comentarios