Marea de Vigo pide priorizar los recursos municipales en la protección de las personas y en la ayuda a los sectores económicos de la ciudad en el inicio del curso político

|





  • “Vigo non pode permitirse seguir sen executar casi dous de cada tres euros orzamentados, seguiremos pedindo que o gasto social por habitante sexa superior aos 100 euros na media recomendada para os concellos polas entidades sociais así como incrementar de xeito notable as axudas ao pequeno comercio e hostalería e demáis sectores máis afectados pola crise económica derivada da pandemia” afirma Rubén Pérez.
  • Marea de Vigo abrirá de novo unha oficina pública para informar do PXOM e axudar á veciñanza na redacción e presentación de alegacións.



. O Grupo municipal da Marea de Vigo vén de analizar os obxectivos para este novo curso político, obxectivos que “virán marcados polo proceso de aprobación inicial do PXOM e os tres meses de alegacións cidadás, a aprobación do proxecto orzamentario do concello para 2022 así como os impactos que os PXE e as novas medidas económicas relacionadas con transferencias aos concellos e fondos europeos teñan na cidade” sinala Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal.

En relación á utilización dos fondos europeos, Marea de Vigo proporá un uso social dos millóns de euros de dos mesmos que cheguen á cidade, “priorizando a creación de espazos dotacionais novos como centros de día, escolas infantís e espazos culturais, tal e como estase a facer na proposta de uso destes fondos que trasladan moitas cidades do estado, así como axudas para paliar a crise económica derivada da covid-19” apunta o voceiro. “Non entender a oportunidade de construír unha cidade máis xusta e dotada e pretender facer un uso ornamental dos mesmos sería un erro gravísimo” engade.

Igualmente, Marea de Vigo seguirá defendendo “completar un serio e expansivo colchón social para que o Concello de Vigo sexa unha administración onde o gasto social por habitante supere os 100 euros” e, no tocante ás políticas proactivas de vivenda, defenderá que estas “axuden a evitar a xa desaforada escalada dos prezos dos alugueiros e da inexistente oferta de vivenda pública así como completar o catálogo de servizos sociais con un parque de vivenda de emerxencia social, xunto a máis cuantías para as axudas a familias e loita contra os desafiuzamentos”. Marea de Vigo tamén pedirá dotar de máis traballadores/as sociais ao cadro de persoal do Concello para axilizar a tramitación da Risga e do Ingreso Mínimo Vital.

Marea de Vigo esixirá que os investimentos comprometidos no uso dos máis de 40 millóns de euros do remanente líquido de Tesourería e nos máis de 70 que configuraban o proxecto orzamentario do Concello de Vigo para 2021 “sexan executados na súa integridade, xa que na maioría dos proxectos, salvo anuncios en medios e declaracións políticas esaxeradas, a estas alturas do exercicio pouco ou nada hai feito”, suliña Rubén Pérez, voceiro do grupo municipal da Marea de Vigo. O Grupo municipal pedirá expresamente que nos vindeiros orzamentos para o 2022 e nas propias ordenanzas fiscais para o vindeiro ano se contemplen as axudas directas aos sectores máis danados pola crise sanitaria, coma o comercio e a hostalería. “Medidas como a exención do pago do lixo nas ordenanzas para o 2022 e axudas directas nos orzamentos, incluíndo unha liña especial para o comercio e hostalería afectada polas obras do túnel da Porta do Sol son exemplos do que pediremos ao Goberno local”.

Marea de Vigo prepara ademais un calendario de traballo para explicar a súa postura sobre o novo PXOM, actualmente aprobado inicialmente, e, do mesmo xeito que fixo durante a aprobación previa da Ordenación Provisional, realizará encontros informativos nas parroquias e abrirá unha oficina de atención cidadá para aquelas persoas que teñan dúbidas sobre a nova norma urbanística, desexen consultar os planos ou presentar alegacións a ámbitos e actuacións concretas. Este calendario priorizará ademais o encontro coas asociacións ambientalistas e de defensa do territorio, asociacións veciñais e de comercio, colexios profesionais e entidades de todo tipo que, a xuízo de Marea de Vigo, “teñen moito que decir e non se lles consultou ata agora para levar adiante o desenvolvemento urbanístico na cidade” conclúe Rubén Pérez

Comentarios