La A.V. de Teis, denuncia la falta de interés de la “ Xunta y del Ayuntamiento “, en la instalación de unos aseos públicos en la ETEA.

|

A Asociación Veciñal de Teis, levamos anos reivindicando a necesidade de instalar uns aseos públicos nos terreos da ETEA.

En todo os terreos da ETEA, non hai ningún aseo público aberto, debido a gran afluencia da veciñanza sobre todo no verán, este servizo convertese nunha necesidade.

Ao longo do pasado mes de maio, está Asociación, dirixiuse por escrito a Xunta de Galiza e ao Concello de Vigo, expondo  está demanda.  Ademais, de trasladar esta reivindicación, propoñiamos varios posíbeis lugares para a instalación destes baños públicos.

A Xunta de Galiza, solicitámoslle que o edificio que ocupaba a antiga panadaría, dentro do parque público, se destine  para cafetaría con  aseos públicos. Outro emprazamento podería ser o pequeno edificio ao carón da pista de skate, tamén no parque público.    

Nestes dous edificios xa estaba previsto no proxecto da construción do parque público ano 2012, destinalos un para cafetaría e outro para aseos públicos e vestiarios, que logo nunca se realizaron.

Ao Concello de Vigo, solicitámoslle  que unha solución temporal, é que o quiosco que se instala todos os verán no peirao, inclúa uns aseos públicos  ou instalar uns aseos permanentes nalgunha das construcións existentes no peirao.

A Asociación consideramos  unha “ vergoña “ que sigamos aínda sen uns aseos públicos. O que provoca que a veciñanza, teña que improvisar  “aseos” , por exemplo entre uns arbustos.   

Até o de agora, ningunha administración (Concello e Xunta), manifestou ningún interese  na instalación duns aseos públicos.  Todas as propostas da Asociación, son viábeis o único que debe existir é vontade política, de actuar nos terreos da ETEA, para dotar de servizos a veciñanza que acode a ETEA.

Thumbnail IMG 20210823 125024


Comentarios