Marea Vigo exige ayudas compensatorias para los negocios de la rúa Elduayen y Puerta del sol afectados por las obras del túnel.

|

Marea de Vigo cualifica de “auténtica falla de planificación” o desenvolvemento das obras, con “numerosos incidentes que obrigaron a sucesivas modificacións do proxecto” e considera que “a situación do comercio afectado xa é insostible” segundo sinala Rubén Pérez, voceiro municipal.



Nas Comisións informativas celebradas hoxe, o Grupo municipal da Marea de Vigo reclamou unha liña de axudas económicas municipais aos comercios sitos na contorna da obra de tunelización da rúa Elduayen e Porta do Sol, “unhas axudas - apunta Rubén Pérez - que non son nada estrano no Concello de Vigo pois nos inicios das obras ligadas ao chamado Plan E xa se habilitaran naquelas actuacións con maior impacto sobre o comercio local”.

“Para Marea de Vigo - destaca Rubén Perez -, é necesario artellar de xeito urxente unha liña de axudas aos comercios da zona en base a criterios de impacto na facturación das obras”. Axudas que solventen, segundo o voceiro, “dende o pago do alugueiro dos locais comerciais, cobertura de gastos comúns como seguros, electricidade, teléfono e internet, e mesmo axudas para a implantación de melloras comerciais (tecnolóxicas, plataformas de venta do comercio local, etc….) que permitan a estes comercios operar online ante unha situación difícil que cando menos vai prolongarse na zona durante dous anos” matiza.

Marea de Vigo pide tamén que se lle exonere do pago do lixo e da auga durante os meses que duren as obras así como “establecer un horario de obra que respecte certas horas do día, as de maior afluencia de personas na rúa, para fomentar que os vigueses e viguesas sigan acudindo aos negocios e comercios existentes” suliña Pérez.

Do mesmo xeito, Marea de Vigo solicitou formalmente á Concellería de Fomento aclaración sobre os modificatorios que está tendo a obra así como o futuro da anunciada ampliación do túnel máis aló de Alfonso XII “que por agora nin no proxecto de obra nin en ningunha licitación a futuro existe- engade Rubén Pérez-. A veciñanza da zona afectada non ten nin siquera información do plan de seguridade da obra, cada día con máis incidencias como roturas de balconadas, grietas, etc.. e dende o Concello e a empresa construtora non se está facilitando ningunha información”.

Nesta liña, outro aspecto que preocupa é a seguridade nos comercios e vivendas nas zonas contíguas ao valado que percorre o perímetro da obra, sobre a que Marea esixe vixilancia policial permanente, “especialmente en horarío nocturno, así como e a correcta iluminación de todos os pasos de peóns laterais para evitar sustos maiores ou accesos a locais e vivendas para roubos como se están a producir nestes días con total impunidade” conclúe o voceiro.

Comentarios