Marea de Vigo propone que el ayuntamiento negocie con Abanca la cesión de la biblioteca en el calvario

|

  • O espazo, pechado dende o inicio da pandemia, xa foi eliminado da listaxe de centros de estudo e bibiotecas da entidade na cidade de Vigo. 
  • Oriana Méndez: “O Concello de Vigo non pode mirar para outro lado, máis sendo coñecedor desta realidade cando ten recibido preguntas concretas por parte de usuarios/as da biblioteca, pero sobre todo cando ten un déficit de bibliotecas públicas municipais absolutamente escandaloso que xa foi sinalado por estudos de profesionais de arquivos e bibliotecas, por sectores sociais e por grupos políticos, como a Marea de Vigo”.





Marea de Vigo quere sinalar e facer público que a biblioteca de Afundación no barrio do Calvario, pechada dende a alerta da COVID, “non volveu a abrir as súas portas, sendo eliminada ademais da listaxe de centros educativos e bibliotecas da entidade na nosa cidade, tal e como se pode ver na súa páxina web” apunta Oriana Méndez, concelleira da Marea de Vigo. “Esta realidade– explica a concelleira -, é un resultado da bancarización e da privatización das caixas de aforro galegas, que foi un dos maiores golpes económicos ao noso país nos últimos anos, chegando ata hoxe os efectos desa nefasta privatización”. Hai uns meses “atopábamonos co cobro de comisións abusivas a clientes, e agora, por exemplo, vémolo cando se clausura unha biblioteca de barrio sen compromiso nin explicación algunha ás persoas usuarias” engade a concelleira. Dende a Marea de Vigo “propoñemos que o Concello de Vigo negocie con Abanca a cesión deste espazo, xa habilitado, e estableza nel unha biblioteca pública municipal” suliña a concelleira. “Isto ademais deberia servir como un aviso máis para que o Concello de Vigo, dunha vez por todas, estude as necesidades dos barrios e cree unha rede municipal de bibliotecas públicas que estea á altura da maior cidade de Galicia, que é Vigo” conclúe. GRUPO MUNICIPAL MIX

Comentarios