Marea de Vigo le pregunta al gobierno de Abel Caballero como se va “a compatibilizar” el tobogán acuático anunciado ayer con el plan de regeneración dunas en Samil.

|

Marea de Vigo cualifica o anuncio como “unha nova proposta delirante por parte do alcalde” e cuestiona o seu desenvolvemento ao atoparse en dominio marítimo-terrestre, baixo unha concesión de Costas, e ser incompatible co Plan de rexeneración dunar.

A proposta choca frontalmente cun proxecto aprobado recentemente polo Ministerio de Transición Ecolóxica, no que se pretende a recuperación dos areais” sinala Rubén Pérez.


Marea de Vigo pídelle ao Goberno de Abel Caballero que aclare como se vai pedir esa nova concesión á Dirección Xeral de Costas e como se vai conxugar o proxecto coa recuperación dunar de Samil, “anunciada tamén polo propio alcalde Abel Caballero” lembra Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal.

Marea de Vigo considera, tal e como ten manifestado anteriormente, que “paulatinamente deberíanse ir buscando novas ubicacións para calquera das infraestruturas, xa sexan públicas ou privadas, que actualmente se atopan nesta demarcación de costas - apunta o voceiro -, co obxectivo final de recuperar o sistema dunar ali existente” .


Dende Marea de Vigo “seguimos apostando polo proxecto de rexeneración dunar”, e posiblemente o trasladado públicamente no día de onte por parte do alcalde “soamente sexa un novo anuncio delirante, que xa veremos se se pode concluir” engade Rubén Pérez.

Comentarios