Feijoo reitera el compromiso de la Xunta en la lucha contra el cáncer y la apuesta por la prevención y la detección precoz

|

  • O titular da Xunta reuniuse coas participantes da 7ª expedición ao Círculo Polar Ártico, dentro do programa Reto Pelayo Vida Polar 2021
  • Salienta que a pesar da pandemia en 2020 rematáronse as avaliacións de todas as mulleres que, resultando positivas, precisaron completar o estudo mamográfico
  • Expresa a súa admiración ás cinco mulleres participantes nesta iniciativa e deséxalles unha boa travesía







O responsable do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, reiterou hoxe o compromiso da Xunta na loita contra o cancro e a aposta pola prevención e detección precoz. Fíxoo durante un encontro coas 5 participantes da 7ª expedición ao Círculo Polar Ártico, dentro do programa Reto Pelayo Vida Polar 2021; unha iniciativa que pretende dar visibilidade ao cancro, sensibilizar á sociedade e concienciar sobre a importancia da práctica de deporte.

Sobre este punto, Feijóo lembrou algunhas das medidas postas en marcha en Galicia nos últimos anos como os programas poboacionais de cribados de cancro de mama, cérvix e e colorrectal, a implantación das vías rápidas, o decreto de garantías de tempos máximos de acceso ás prestacións sanitarias, a colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela para a implantación do primeiro centro de produción de medicamentos CAR-T da Comunidade ou a candidatura aos Fondos Next Generation da creación dun centro de protonoterapia, entre outras.

Ademais, puxo en valor que en 2020 a pesar da situación derivada da pandemia e da detención das mamografías entre marzo e maio, rematáronse as avaliacións de todas as mulleres que, resultando positivas, necesitaron completar o estudo mamográfico.

Finalmente, o presidente da Xunta aproveitou a toma de contacto para amosarlles a súa admiración e desexarlles unha boa travesía ante a inminente partida da expedición este venres desde o porto de Vigo cara a Groenlandia.


Comentarios