Marta Fernández-Tapias destaca el valor arqueológico de salinae, la única saliña marina de evaporación solar conservada y musealizada del imperio romano

|

  • A delegada territorial da Xunta en Vigo e a directora do Museo do Mar de Galicia, Marta Lucio, visitaron o centro museístico na rúa Rosalía de Castro en Vigo, que desde a súa apertura contabiliza preto de 5.000 visitas ao ano
  •  O xacemento, cuxo funcionamento data dos séculos I-III d.c, conta cunha superficie expositiva superior aos 300 m2 que permite entender o funcionamento da instalación salineira e como os romanos producían o sal na superficie das cubetas
  •  O investimento do Goberno galego neste centro foi de 1,4 millóns de euros

20210911SalinaeMuseoMarVigo



A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, destacou durante unha visita a Salinae o valor arqueolóxico da que é a única mariña de evaporación solar conservada e musealizada de todo o imperio romano.

O xacemento, cuxo funcionamento data dos séculos I-III d.c, conta cunha superficie expositiva superior aos 300 m2 que permite entender o funcionamento da instalación salineira e como os romanos producían o sal na superficie das cubetas.

Neste sentido, a delegada que acudiu ao centro museístico da rúa de Rosalía de Castro acompañada pola directora do Museo do Mar de Galicia, Marta Lucio, informou que conta cos rateos de visitantes máis altos entre os centros da súa mesma natureza, con preto de 5.000 visitas ao ano.

Durante a visita, Fernández-Tapias percorreu a galería previa, na que se pode contextualizar o mundo da romanización e a cultura das salinas descubrindo así o interesante mundo do sal, a súa historia, algúns dos sistemas empregados para a súa obtención e os diferentes usos que os romanos lle deron a este importante produto.

Unha secuencia fotográfica, acompañada dunha liña de tempo, amosa como se desenvolveu o descubrimento e estudo deste espectacular xacemento romano na cidade. Na sala destaca a reconstrución paisaxística do Areal e a ría daquela época.

Ademais, Salinae realiza tamén ao longo do ano unha serie de actividades divulgativas dirixidas ao público xeral, escolares e grupos de non escolares como asociacións veciñais, centros de día ou familias, entre outros colectivos. Nelas se inclúen visitas guiadas e obradoiros didácticos relacionados coa Salina en particular e co mundo romano en xeral, cunha duración entre 60 e 90 minutos.

Comentarios