Marea de Vigo pide una revisión profunda de las ordenanzas municipales, precios y tasas para el 2022 y no “un retoque cosmético”

|

Non aplicar a suba do IPC é o sinxelo pero o que se trata é de adaptar as ordenanzas fiscais a un ano 2022 especialmente difícil para o comercio local, a hostalería e as familias máis vulnerables. Se deberían abordar máis bonificacións fiscais e reducir o tipo de gravame do IBI como están a realizar centos do Concello no estado ” afirma Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal.






Marea de Vigo, que presentou hoxe unha batería de emendas á proposta de Modificación das Ordenanzas Fiscais do Concello de Vigo para 2022, lamenta que este ano só aplique a tres: a Ordenanza Fiscal Xeral, a Ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación de servizos de baleirado de pozos negros, fosas sépticas, solares e servizos similares así como a recepción de vertidos non canalizados na edar e a Ordenanza fiscal reguladora das taxas pola prestación de servizos de medio ambiente e vida saudable. “Ao noso xuízo – suliña Rubén Perez -, para o 2022 o Concello debería cando menos realizar unha profunda revisión dos impostos que máis afectan aos vigueses e viguesas: o IBI, a recollida de lixo, o rodaxe, e o pago do subministro de auga e saneamento”. Na actualidade, o municipio deVigo ten un dos tipos impositivos de gravame máis alto, actualmente no 1,1%. Importe que, segundo aclara Marea de Vigo, “depende dunha decisión municipal”.

As emendas que presenta Marea de Vigo tocan varias ordenanzas que non figuran na proposta do Goberno local, “toda vez a modificación da Ordenanza Fiscal Xeral proposta si vai producir a modificación parcial de varias ordenanzas (terrazas,iea, etc..)” apunta o voceiro. Marea de Vigo realiza esta aportacións porque considera que, como aconteceu coas de 2021, “de novo non se atalla con profundidade a capacidade que os prezos e taxas públicas teñen como elemento modulador da economía das familias e das empresas e comercios do noso termo municipal” engade.

Nas propostas de Marea de Vigo inclúese unha proposta de exonerar ao comercio local do pago do lixo como se vai facer co sector hosteleiro, maiores bonificacións para familias perceptoras de risga, imv ou pnc, reduccións significativas nas taxas das escolas infantís para atraer máis nenos e nenas á rede pública, unha bonificación para facilitar que ningunha parroquia de Vigo quede sen servizo de caixeiro automático, etc, “medidas de necesaria implantación ante a situación económica que está a provocar a crise da COVID-19” matiza Rubén Pérez.

“Mesmo as previsións para o vindeiro ano 2022 son de clara incertidume para as economías familiares viguesas, para o tecido comercial e empresarial e mesmo para os recursos municipais que terán que volcarse na concreción de políticas de protección social. Ante isto, o que corresponde e se espera das administracións, por parte do conxunto da cidadanía, é que estas estean xa preparando medidas de contención e de incentivamento da actividade económica” conclúe o voceiro do Grupo municipal.

Comentarios