Marea de Vigo reclama a la Xunta un parque de viviendas para emergencia social en Vigo para evitar casos como lo del miércoles pasado en Coruxo.

|

Rubén Pérez: “Emprazamos á Xunta de Galicia a dotar dun parque de vivendas ao programa Reconduce ou, no caso de seguir este na mesma liña, a liquidalo definitivamente e buscar unha alternativa que de verdade dea solucións e conte co grado de compromiso social que se require para esta tarefa”.







O acontecido na tentativa de desafiuzamento dunha familia con tres menores o pasado mércores en Coruxo amosa, ao xuizo da Marea de Vigo, varias cuestións “extremadamente importantes”. “A primeira – detalla Rubén Pérez - , é a falla de alternativa habitacional para as familias máis vulnerables”, familias que ata o de agora podían pagar os alugueres e hipotecas pero que na actualidade teñen grandes problemas derivados dunha situación económica inestable. “A segunda – prosigue -, é que esta realidade pon enriba da mesa a inutilidade manifesta do pretendido programa da Xunta Reconduce, así como da propia ong que o xestiona, a Asociación ProVivienda”.

“Este programa foi vendido a bombo e prato como solución” matiza Rubén Pérez, máis a realidade é que “resulta totalmente incapaz, e teñen que ser tanto os concellos coma os colectivos sociais quen ten que procurar a solucións habitacionais a moitas familias” engade o voceiro. “É a enesima vez que dende este Grupo municipal, así como dende gran parte dos colectivos sociais que loitan contra esta situación de vulnerabilidade social se demanda un pequeno parque de vivendas na cidade de Vigo” suliña. Marea de Vigo incide en que coñecendo a cantidade de expedientes paralizados nos xulgados pola moratoria declarada polo Goberno do estado que impide os lanzamentos ás familias máis vulnerables, “resulta incrible que este programa non teña nin unha soa vivenda no termo municipal de Vigo para dar solución cando menos temporal aos moitos casos que se van a dar previsiblemente no mes de setembro” recalca Rubén Pérez.

O pasado mércores, “se non chegan a actuar os colectivos sociais, nomeadamente a Federación Veciñal, e o Concello de Vigo non tivera feito ninginha xestión, unha familia con tres menores teria sido botada da súa casa sen alternativa algunha” lembra o voceiro.

Comentarios