Marea de Vigo sigue considerando necesario bajar el tipo impositivo del IBI y rebajar más impuestos aprovechando la suspensión de las reglas fiscales para lo 2022.

|

Rubén Pérez: “Contando con estes recursos xunto ás entregas á conta das entidades locais, Vigo terá ingresos suficientes en 2022 como para acometer unha eventual rebaixa dos impostos municipais que máis gravan ás familias viguesas: IBI, lixo ou auga sen verse afectada a recadación municipal”

Marea de Vigo denuncia que precisamente neste contexto, as modificacións propostas polo Goberno de Abel Caballero non se fagan directamente sobre os Impostos Directos, onde é máis fácil establecer progresividade fiscal e políticas de cobertura social.






Marea de Vigo, que xa recibiu o informe sobre as emendas que presentou á proposta de modificación de ordenanzas fiscais para 2022, no que se rexeitan todas as propostas do Grupo municipal, insiste e que estas son “absolutamente necesarias”, xa que “non é entendible como a pesar da situación económica e social derivada da crise sanitaria, o Concello de Vigo decide só actuar nunha parte pequena das ordenanzas, taxas e prezos públicos que soportan os vigueses e as viguesas” incide Rubén Pérez.

O Grupo municipal celebra a suspensión das regras fiscais para 2022 e a posta a disposición das entidades locais máis de 6000 millóns de euros, “entre eles os 495 millóns que por fin dan solución á incautación do IVE do 2017 que estaba pendente de devolución aos concellos” sinala Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal, mais denuncia que precisamente neste contexto actual, as modificacións propostas polo Goberno non se fagan directamente sobre os Impostos Directos, onde é máis fácil establecer progresividade fiscal e políticas de cobertura social: Imposto de Bens Inmobles, Imposto sobre actividades económicas, IVTM ou o de plusvalía. Como noutras ocasións Marea de Vigo sigue a reclamar a revisión anual, e especialmente neste contexto, da totalidade das ordenanzas, e especialmente das ausentes nesta proposta de modificación presentada polo Goberno local.

Marea de Vigo considera que unha rebaixa no tipo de gravame do IBI (actualmente en no 0,92% moi perto do máximo legal do 1,1%) sería un importante aforro para miles de familias viguesas, do mesmo xeito que artellar bonificacións no lixo para o comercio local análogas ás da hostalería ou establecer máis progresividade e maiores exencións fiscais ás familias máis vulnerables da cidade.

Marea de Vigo tamén indicaba na súa proposta de emendas a necesidade de bonificar taxas municipais en varias cuestións. Plantexaba, por exemplo, que aspectos como a mobilidade en tempos de crise sanitaria obrigaba a artellar bonificacións para familias nos usos do taxi como alternativa ao transporte público colectivo en situación de ser manifesto grupo de risco, feito que obrigaría a levar a cabo a modificación da ordenanza do Taxi, realizar modificacións profundas nos prezos das taxas das escolas de primeira etapa de Educación Infantil, nas de Inspección Sanitaria e Desinfección, “permitindo á veciñanza e negocios da cidade maiores cautelas sanitarias”.

No caso dos prezos das Escolas Municipais, Marea de Vigo solicitaba un sistema de bonificacións como urxencia pola situación devengada da COVID-19 excepcionalmente para o ano 2022, co obxectivo de estudar nesa altura a súa consolidación definitiva nos prezos e taxas públicas nun contexto de perda de matriculación das escolas municipais infantis bastante preocupante e como mecanismo para fomentar a matriculación nas escolas infantís públicas fronte a crecente oferta privada na cidade. “Ao non incluirse estas posibles modificacións no actual expediente, como xa dixemos, calquera aportación que fagamos desde os grupos municipais da oposición, nin será tida en conta, polo que chamamos a repensar a decisión de non abrir o proceso da súa adaptación ás novas casuísticas da situación provocada pola COVID-19” conclúe o voceiro municipal.

Comentarios