La Asociación Vecinos de Teis, se reunión con Marta Fernández Tapias, delegada de la Xunta, para hablar de la ETEA

|

Unha representación da xunta directiva da Asociación Veciñal de Teis, mantivo no día onte unha xuntanza con Marta Fernández Tapias, delegada da Xunta de Galiza en Vigo.

Nesta xuntanza solicitouna a Asociación hai varias semanas, tratamos como cuestión fundamental a situación da ETEA e en concreto as deficiencias do parque público.

O pasado mes de maio e logo en xullo, presentamos dous escritos denunciando o mal estado de conservación do parque público: a vexetación invadía o parque, o mal estado das dúas pistas deportivas, do parque infantil e a necesidade de instalar uns aseos públicos. Estas mesmas reivindicacións tamén se lle trasladaron a Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellaría de Facenda, logo destas denuncias só se actuou en parte.

Neste xuntanza, reiteramos a necesidade do mantemento do parque ( recollida de papeleiras, cortar a vexetación, coidado espazos verdes), se realice de xeito continuo durante todo o ano e non só cando hai denuncias polo mal estado do parque.

Desde a delegación da Xunta, informou que estase cos traballos da colocación dun novo parque infantil e a substitución do anterior .

Ao longo deste verán denunciamos en varias ocasións na necesidade do dotar duns aseos na ETEA e trasladamos esta reivindicación tanto ao Concello de Vigo como a Xunta.

No caso da Xunta, solicitámoslle que o edificio que ocupaba a antiga panadaría, dentro do parque público, se destine para cafetaría con aseos públicos. Outro emprazamento podería ser o pequeno edificio ao carón da pista de skate, tamén no parque público.

Nestes dous edificios xa estaba previsto no proxecto da construción do parque público ano 2012, destinalos un para cafetaría e outro para aseos públicos e vestiarios, que logo nunca se realizaron.

A Asociación consideramos unha “ vergoña “ que sigamos aínda sen uns aseos públicos. O que provoca que a veciñanza, teña que improvisar “aseos” , por exemplo entre uns arbustos.

Tamén denunciamos o mal estado das pistas deportivas, pois nunha delas xa hai buratos.

Por último, tamén consideramos importante que se tomen medidas para evitar desprendementos de pedras, desde a zona alta da ETEA cara o parque público, como xa aconteceu nalgunha ocasión.


Thumbnail IMG 20210921 WA0007




Comentarios