Marta Fernández-Tapias acompaña en la salida a los participantes del camino del movimiento Down Galicia en el marco del programa de “O Teu Xacobeo”

|

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, acompañou hoxe na saída aos participantes do Camiño do Movemento, a proposta de Down Galicia no marco do programa autonómico de “O Teu Xacobeo”.

A iniciativa céntrase no percorrido de varios tramos das distintas rutas dos Camiños de Santiago en Galicia coa participación de persoas coa síndrome de Down e outras discapacidades intelectuais, as súas familias e os profesionais das entidades Down de Galicia. Realizarán así varias etapas das rutas xacobeas nas que terán oportunidade de compartir o camiño para entrelazar as súas experiencias vitais.

Segundo indicou a delegada, estas andainas, nas que estarán en todo momento acompañados por un guía experto no Camiño, brindarán ás persoas participantes momentos de intercambio, de aprendizaxe e de lecer.

Así, Fernández-Tapias acentuou a aposta decidida da Xunta de Galicia por facer un Camiño accesible a todos, onde se eliminen as barreiras arquitectónicas para acceder ao patrimonio cultural da súa contorna, un compromiso que se fixo extensible aos albergues públicos.

En canto ao Camiño do Movemento, sinalou que vén a exemplificar a determinación do Goberno galego de deseñar un Xacobeo descentralizado, no que ten cabida todo tipo de expresións, e que bota man dunha programación que pretende chegar a todos e cada un dos recunchos de Galicia coa incorporación de centos de propostas, como esta de Down Galicia en colaboración con Down Vigo.

A delegada entregou aos participantes a mascota do Xacobeo, a Cunchiña, que lles acompañará durante os tramos que realizarán do Camiño.


Thumbnail 20210925CaminoMovemento2


Comentarios