Marea de Vigo afirma que si no hay voluntad de constituir el área metropolitano de Vigo, no debe disolverse la mancomunidad.

|

Marea de Vigo considera que é necesario manter á Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo mentres non se constitúa de novo a Área Metropolitana, así como dotala de contido orientado ao papel das entidades locais e supralocais na xestión de servizos públicos.

Rubén Pérez: “A posibilidade de captación de fondos europeos e de mancomunar servizos públicos que agora están externalizados en empresas privadas e de xeito individual por cada concello ten que ser visto como unha oportunidade”.






“A frustrada constitución da Área Metropolitana de Vigo deixou sen un mecanismo propio para organizar servizos públicos supramunicipais e sen un espazo de diálogo entre concellos limítrofes, nun contexto especialmente importante coa chegada de numerosas liñas de fondos europeos de todo tipo” afirma Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal e membro do Pleno da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo que hoxe luns celebra un Pleno para aprobar a conta xeral de 2020 e as liñas fundamentais do orzamento de 2022.

Actualmente, a Mancomunidade vive nun “limbo” entre a vontade declarada polo presidente do ente, Abel Caballero, que defende a disolución da entidade ate a súa desaparación no momento de constitución da futura área metropolitana, e a existencia de determinados servizos que sigue ofertando: asesoramento a empresas, plans de garantía xuvenil, plans de emprego de persoas perceptoras de RISGA, etc... servizos que, a xuízo da Marea de Vigo, “poden ser complementados con verdadeiras actuacións supramunipais, xestión de servizos públicos mancomunados e mesmo contar coa posibilidade de ser un organismo que capte fondos europeos que exceden de dimensións locais e quedan demasiado amplos para ámbitos provinciais ou autonómicos” matiza o voceiro.

Marea de Vigo segue considerando que mesmo constituíndose a área metropolitana, “é necesario abrir o debate do órgano mancomunado de municipios xa que este podería chegar a ser unha útil ferramenta á hora da planificación de servizos públicos compartidos entre os concellos pertencentes á mesma como así o é a Mancomunidade de Muncipios de Barcelona dentro do ente metropolitano” suliña Rubén Pérez. “Non ten sentido adiantar ou propoñer agora o debate da desaparición ou non da entidade antes da creación efectiva da Área Metropolitana, xa que non existe un espazo de traballo conxunto dos concellos pertencentes a este órgano e esta podería xogar un relevante papel na configuración de consorcios públicos e como factor de equilibrio entre dúas administracións, Xunta e Concello” engade.

Para a Marea de Vigo, son necesarios consensos entorno á xestión mancomunada de servizos públicos, cara a artellar unha nova vida ao órgano e comezar así o traballo de reconstrución da Área Metropolitana de Vigo, polo que insta ao PP e ao PsdG-PSOE a non empregar a MAIV como instrumento partidista, “feito que no seu día xogou un importante papel durante a corta vida da Área Metropolitana de Vigo” suliña o voceiro.

Comentarios