Marta Fernández-Tapias, inauguró en el marco “O Teu Xacobeo” con Fumdamar la primera senda del patrimonio industrial marítimo pesquero en el camino de Santiago

|

  • A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, inaugurou hoxe Recaladas no Camiño, un proxecto que busca contribuír á identificación e valorización dos recursos turísticos que vencellan as industrias do mar ás rutas xacobeas
  •  A expedición desenvolveuse nas rías de Vigo e Arousa, os dous enclaves con maior densidade de elementos patrimoniais no marco do Camiño de Santiago


A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, inaugurou hoxe xunto ao presidente da Fundación para a Pesca e o Marisqueo (Fundamar), Javier Touza, a conferencia final do proxecto Recaladas no Camiño, que contou co apoio do Goberno galego a través do programa de “O Teu Xacobeo”. A clausura da xornada correu a cargo da directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez.

A este respecto, Fernández-Tapias destacou a importancia da valoración dos recursos turísticos vencellados ás rutas xacobeas e a orixinalidade da proposta de Fundamar de crear o primeiro itinerario polo litoral do patrimonio industrial marítimo-pesqueiro no Camiño de Santiago. Así, subliñou que nesta iniciativa maridan dous dos nosos principais expoñentes turísticos; a industria do mar e o Camiño de Santiago.

O proxecto do que este mércores presentaron os resultados e conclusións, baixo o obxectivo de deseñar a primeira senda do patrimonio marítimo pesqueiro aproveitando o marco de oportunidades que ofrece o Camiño, incluíu seis días de traballo de campo e a mobilización de dous equipos multidisciplinares de investigadores recentemente titulados en distintas disciplinas como belas artes, arquitectura, ciencias do mar, económicas ou historia.

Equipos formados por once mozos menores de 30 anos procedentes de distintos lugares de España, acompañados por un comité académico integrado por Xoán Carmona (Universidad de Santiago), Julián Sobrino (Universidad de Sevilla), Manuel Lara (presidente de Buxa, Asociación Gallega de Patrimonio Industrial) e Iria Sobrino (arquitecta e experta en patrimonio), que recalaron en dous dos enclaves de maior densidade de elementos patrimoniais; as rías de Vigo e Arousa.

Asemade e co obxecto de deseñar a devandita ruta, o programa completouse con actividades e encontros con axentes dinamizadores do patrimonio.

Durante a súa intervención, Fernández-Tapias referiuse a Recaladas no Camiño como un exemplo máis da determinación do Goberno galego de deseñar un Xacobeo descentralizado, no que ten cabida todo tipo de expresións, e que bota man dunha programación que pretende chegar a todos e cada un dos recunchos de Galicia coa incorporación de centos de propostas. Un Xacobeo que convidou a aproveitar ao máximo, especialmente naqueles territorios que contan co plus de ser rutas xacobeas. Así, recordou que o Xacobeo está moi presente en Vigo a través do Camiño

Portugués da Costa e do albergue público de peregrinos Juan Manuel López-Chaves na Ribeira do Berbés.

“Facer de Galicia un destino competitivo de primeiro nivel é unha responsabilidade colectiva e un reto ante un turista cada vez máis exixente, polo que debemos potenciar as nosas fortalezas, as que nos colocaron como un dos destinos máis valorados no 2019 e neste 2021”, afirmou, para agregar que “o noso modelo turístico seguro e de calidade vese agora reflectido nuns datos que son irrefutables”.

Pola súa banda, a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, destacou durante a clausura desta conferencia a importancia de iniciativas como Recaladas no Camiño para poñer en valor o patrimonio cultural mariñeiro de Galicia pois pon no mapa o Camiño do litoral. Ao mesmo tempo é “un escaparate único para preservar a cultura mariña galega e facer visible toda a tradición ligada ao mar e unha exhibición do labor de aloumiño e conservación que realizamos a prol da nosa Galicia mariñeira”.

Neste sentido, subliñou a directora xeral, a comunidade galega leva anos traballando e hai uns meses a Xunta e a Universidade da Coruña selaron un convenio de colaboración para a elaboración do Plan da cultura marítima de Galicia-Horizonte 2030. Este traballo abarcará todo o litoral de Galicia co obxectivo de definir as liñas das políticas culturais unindo as tradicións e o valor do patrimonio marítimo co obxectivo de defender os valores culturais e marítimos da comunidade galega.

20210929RecaladasnoCamino (1)



Comentarios