El Teatro Afundación Vigo acoge Clowns, un homenaje internacional a la figura del payaso

|

  • A presentación deste espectáculo a medios, deseñado por Productores de Sonrisas, terá lugar mañá, mércores 6 de outubro, ás 11.30 h no Teatro Afundación Vigo
  •  Tras a representación de momentos fundamentais da proposta, o elenco e a produción estarán dispoñibles para entrevistas


O Teatro Afundación Vigo acolle mañá, ás 11.30 h, a representación de momentos destacados do espectáculo Clown, que contará con sete funcións no senlleiro espazo olívico entre o 6 e o 10 de outubro e cuxas entradas están dispoñibles a través de Ataquilla.com. Tras a representación de intres clave desta peza, o elenco estará dispoñible para atender os requirimentos dos medios de comunicación.


Coa participación de Gensi e Isa Belui, Davis Vassallo, Luigi e Houshc-Ma-Housch, baixo a dirección de Suso Silva e producido por quen impulsaron nos últimos anos shows tan aplaudidos como Circo mágico e Circlassica, esta homenaxe á fundamental figura dos pallasos circenses chega a Vigo para alegrar o comezo do outono ao público familiar.


Evento Presentación a medios de Clowns

Lugar Teatro Afundación Vigo

Data e hora Mércores 6 de outubro, 11.30 h

Asistentes Elenco e produción do espectáculo Clowns


CLOWNS  5 Payasos


Comentarios