Marea de Vigo le pide a Abel Caballero que no siga la senda de Almeida y se ponga al frente de la defensa del acceso a la vivienda digna y con precios asequibles para la mayoría social.

|

Marea de Vigo demanda un compromiso real por parte do Alcalde de Vigo e Presidente da FEMP, Abel Caballero, coa aplicación da nova Lei de Vivenda, “máis alá de declaracións de intencións” .

Rubén Pérez: “Xa un acordo do Congreso dos/as deputados/as do 2019 permitía afrontar un incremento do IBI aos inmobles le levaran máis de dous anos pechados, e por iso dende 2015 dende a Marea de Vigo vimos reclamando nas ordenanzas fiscais a inclusión desta figura”








Marea de Vigo entende que é lóxico que un alcalde do PP, “entregado aos grandes lobbies do mercado inmobiliario” como Martinez Almeida sexa “absolutamente belixerante” contra esta e outras medidas que o Goberno de coalición vai implementar na futura Lei de Vivenda, “pero o que sería inasumible – suliña Rubén Perez - é que Vigo, e o presidente da FEMP, remaran contra a devandita Lei no aspecto máis central da proposta lexislativa que atañe aos concellos”, como é a posibilidade de elevar o IBI un 150% ás vivendas baleiras, “entendendo baleiras como sen estar habitadas nin ter consumos permanentes de auga e luz durante dous anos” matiza. Para a Marea de Vigo, trátase “dun mecanismo esencial para mobilizar a vivenda baleira que pode perfectamente ser alugada e que en Vigo xa supera os 10.000 inmobles, o 25% do parque existente segundo recoñece o documento do futuro PXOM de Vigo” engade o voceiro.

Marea de Vigo xa viña recurrentemente solicitando nas revisións anuais dos prezos e taxas públicas que o Concello de Vigo gravase ás vivendas baleiras desocupadas e especialmente as de propiedade de entidades de crédito cun incremento no IBI do 50%. “Agora, coa nova lei de vivenda - sinala Rubén Pérez -, este incremento pode ser do 150% a iniciativa do Concello”, decisión que Marea de Vigo aplaude nunha cidade onde o alugueiro aumentou “de xeito espectacular” e, a oferta, tal e como denunciaba a moción aprobada no Pleno do mes de setembro presentada polo Grupo municipal da Marea de Vigo, diminúe. “Lastrada, entre outras cousas, pola frenética irrupción de vivendas turisticas antes ofertadas no mercado do alugueiro” engade o voceiro.

Marea de Vigo reitera que gravar no IBI das vivendas desocupadas xa era posible aproveitando o que neste sentido xa recollía a Lei de Facendas Locais dende xaneiro de 2003, cuxo artigo 72.4 establece o seguinte: Tratándose de inmuebles de uso residencial que se encuentren desocupados con carácter permanente, por cumplir las condiciones que se determinen reglamentariamente, los Ayuntamientos podrán exigir un recargo de hasta el 50% en la cuota líquida del impuesto.

Marea de Vigo esixe a Abel Caballero, en calidade de alcalde da cidade de Vigo, e como presidente da FEMP, “que se poña á fronte na defensa da nova Lei de Vivenda e dos positivos impactos que a mesma pode ter no acceso a unha vivenda digna, con prezos asequibles e con dereitos para a maioria social da cidade que son as familias traballadoras” conclúe o voceiro municipal.

Comentarios