Los colectivos del Barrio de Teis, anuncias acciones ante los desplantes Ayuntamiento para hablar de la biblioteca

|

Os colectivos do barrio levamos xa un tempo demandando ao Concello de Vigo información e participación na posta en marcha da prometida biblioteca. Antes do verán, no mes de xuño, as ANPAS, Asociación de Veciños, Plan Comunitario e Voces polo Litoral de Teis convocamos a tódalas organizacións políticas con representación no Concello (PSOE, PP, Marea de Vigo e BNG) para levar a cabo un coloquio onde poder coñecer as diversas propostas dos grupos e a súa opinión sobre a idea da biblioteca do barrio. Todos os partidos políticos participaron, agás o PSOE. Nesta reunión foi unánime o apoio á demanda do barrio e a idea da Biblioteca que demandamos. Os grupos municipais presentáronos diversas cuestións a ter en conta, como a existencia (ou non) da licitación do proxecto da futura da biblioteca, a ratio recomendada de bibliotecas por habitante que deberían constituír a rede municipal de bibliotecas, os estándares mínimos que esta debería cumprir ou como pode chegar a afectar o novo PXOM de tirarse a actual edificación e facer unha nova. Tras a insistencia das organizacións do barrio na solicitude de reunión cos representantes do Concello, o dia 8 de xullo dous representantes das ANPAS reúnense co responsable de Cultura, Abel Losada. Non se permitiu a asistencia a máis representantes dos colectivos. Nesta reunión o Concello non nós aclara algo básico para nós: que a “biblioteca” que se vai inaugurar no barrio, vai a ter libros en préstamo e persoal bibliotecario, estándares mínimos para poder chamarse biblioteca. Saímos desta reunión co compromiso de acordar unha data no mes de setembro para que representantes do Concello acudan ao barrio de Teis para manter unha xuntanza coas diversas organizacións onde, no ámbito da participación cidadá, se nos dera traslado da información solicitada e puideran recoller as nosas propostas

. • Estando en outubro o Concello de Vigo non da resposta as reiteradas peticións de que esta reunión se leve a cabo. O Concello de Vigo fai un desplante as veciñas e veciños de Teis. 

• Non atopamos por ningures a licitación do proxecto de Biblioteca, obras que debían comezar este ano e que precisan de dito proxecto. 

• O Concello de Vigo non garante que a futura biblioteca de Teis vaia ter préstamo de libros e persoal bibliotecario, temos o risco dunha nova sala de lectura, precisamente o que non queremos. 

Por todo isto facemos un chamamento a toda a veciñanza do barrio a participar nas accións que durante este mes iremos anunciando.


WhatsApp Image 2021 10 07 at 11.29.41



Comentarios