Marta Fernández-Tapias destaca que programas como el otoño gastronómico y las rutas de los vinos favorecen la desestacionalización de la oferta turística

|

  •  A delegada territorial da Xunta en Vigo anima aos veciños da comarca viguesa a utilizar o bono turístico para así fomentar o consumo interno este mes de outubro
  •  A representante autonómica desvelou hoxe o nome dun dos gañadores dunha fin de semana de turismo rural para dos persoas no marco do Outono Gastronómico



A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, apostou hoxe por seguir facendo da Comunidade un destino atractivo, ofrecendo unha oferta diferenciada con iniciativas que potencien a desestacionalización e o consumo interno, e que exemplificou en campañas como o Outono Gastronómico ou as Rutas dos Viños.

Tras recoñecer o éxito dos datos turísticos deste verán no que a Comunidade bateu récord de visitantes, situándose como a única autonomía en recuperar as cifras precovid, a delegada animou aos veciños da comarca viguesa a utilizar el bono turístico no marco do Outono Gastronómico para así fomentar o consumo interno este mes de outubro.

Recordou así, que nesta XV edición participan 73 establecementos de turismo rural galegos ata o vindeiro 19 de decembro de 2021 (17 na provincia de Pontevedra), o que demostra, en opinión de Fernández-Tapias, a consolidación deste programa como “unha proposta ben contrastada e demandada polo público e polas casas rurais de Galicia”.

A campaña Outono Gastronómico en Turismo Rural de Galicia permite gozar dun menú así como contar co aloxamento aproveitando a gastronomía que presenta cada establecemento. Así, contémplase desde a posibilidade de cear nun dos establecementos adheridos ao programa (Menú Outono Gastronómico) a unha fin de semana outono gastronómico (Paquete ou Fin de Semana Outono Gastronómico).

Precisamente, durante o acto, a delegada procedeu a desvelar o nome dun dos gañadores dunha fin de semana de turismo rural para dos persoas no marco do sorteo incluído neste programa da man de Turismo de Galicia.

Unha completa proposta que inclúe no caso de algunhas das casas participantes actividades como paseos a cabalo, rafting, sendeirismo, visitas culturais, entre outros.

“Volvemos brindar?”

Por outra banda, Fernández-Tapias recordou que baixo o lema “Volvemos brindar?” a Xunta de Galicia e as cinco Asociacións das Rutas dos Viños de Galicia organizan, ata o vindeiro 31 de outubro, a 10ª edición das Xornadas de Portas Abertas das Rutas dos Viños de Galicia. Neste sentido, destacou que o éxito das primeiras semanas deste programa, que arrancou coa ruta das Rías Baixas e de Valdeorras.

Deste xeito, aqueles que se queiran achegarse ata os territorios do viño poderán facer visitas guiadas e de balde nas adegas participantes -un 30% máis que as que participaron na edición do ano pasado-, e aloxarse nalgún dos 18 aloxamentos turísticos adheridos, degustar menús especialmente creados para a ocasión nos 8 establecementos de restauración do programa ou participar no programa de máis de medio cento de actividades especiais deseñadas para a ocasión: paseos en barca, catas comentadas, sendeirismo ou visitas a museos, entre outras.


20211011PresentacionCampanasTurismoVigo



Comentarios