La Xunta aprueba los domingos y festivos en los que las grandes superficies comerciales podrán abrir en 2022

|

  • Serán os dous primeiros domingos do ano (2 e 9 de xaneiro); o Xoves Santo (14 de abril); os domingos 26 de xuño, 27 de novembro e 4 de decembro; o martes 6 de decembro, día da Constitución, e o xoves 8, día da Inmaculada Concepción; e os domingos 11 e 18 de decembro
  • Estas datas non son de aplicación para o pequeno comercio, xa que este conta con liberdade horaria
  • Os concellos poden solicitar ata o 15 de novembro a modificación de ata dúas destas datas para adaptalas ás súas características

A Vicepresidencia económica e Consellería de Economía, Empresa e Innovación vén de publicar hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) os domingos e festivos nos que os establecementos comerciais que non gozan de liberdade horaria, entre os que se atopan as grandes superficies, poderán abrir ao longo do vindeiro ano 2022.

Logo da consulta previa ás principais organizacións do sector, ao Consello Galego de Consumidores e Usuarios e ao Consello Galego de Cámaras, os días de apertura, que tal e como marca a normativa son dez cada ano, repártense do seguinte xeito: os dous primeiros domingos do ano (2 e 9 de xaneiro); o Xoves Santo (14 de abril); os domingos 26 de xuño, 27 de novembro e 4 de decembro; o martes 6 de decembro, día da Constitución, e o xoves 8, día da Inmaculada Concepción; e os domingos 11 e 18 de decembro.

Calquera concello que o estime oportuno poderá solicitar ata o próximo 15 de novembro a modificación de ata dúas datas para o seu termo municipal para adaptalo aos festivos locais ou atendendo a calquera outra circunstancia motivada.

Cómpre sinalar que estes domingos e festivos non son de aplicación para o pequeno comercio, xa que, con carácter xeral, poden decidir libremente o seu horario e días de apertura os establecementos de ata 300 metros cadrados, coa excepción dos que non teñan a consideración de pequena e mediana empresa.

Comentarios