Marea de Vigo reclama el refuerzo del parque móvil municipal y denuncia su desmantelamiento a favor de contratos privados.

|

  • Rubén Pérez: “O accidente acontecido o pasado venres só reflicte o estado das infraestruturas do Parque de Santa Cristina, así como o seu orquestrado desmantelamento”.
  • Marea de Vigo apoia as reivindicacións da representación do persoal, mobilizados nas portas do Parque no día de hoxe.






Tras o acontecido no pasado venres, cando a un camión propiedade do Concello de Vigo lle fallaron os freos e bateu contra varios vehículos que estaban estacionados na rúa, Marea de Vigo reitera a súa denuncia con respecto ao estado do Parque Móbil Municipal. “Levamos varios anos pedindo un cambio de actitude do Goberno local con respecto ao estado do Parque Móbil de Santa Cristina; o estado dos vehículos, propiedade do Concello, é dunha evidente falta de mantemento, cuestión que implica unha grave falta de seguridade, tanto para o persoal como para a veciñanza á hora de sacalos ás rúas”.

Hoxe, comité de empresa e persoal do Parque Móbil manifestáronse na entrada do mesmo para denunciar esta situación, “que semella ser un desmantelamento orquestrado do Parque Móbil de Santa Cristina” apunta Rubén Pèrez. “Un desmantelamento de servizos públicos municipais cada día máis xeralizado neste Concello, e que ten que ver coa prioridade no uso de concesionarias privadas ou contratos privados en lugar dos servizos municipais” engade. Ademais, Pérez lembra que existe tamén a “ameaza” de que os terrenos municipais que actualmente ocupa o Parque Móbil acaben sendo empregados para a promoción de vivenda, “e o anunciado traslado do parque só sexa un proceso de desaparición” matiza.

Marea de Vigo seguirá reclamando unha revisión a fondo de todo o Parque Móbil do Concello así como un informe de seguridade dos vehículos, “máis alo da ITV”; “un maior investimento nas partidas orzamentarias para o vindeiro ano para que este poida asumir traballos que sistemáticamente estanse pasando a empresas privadas, pero, sobre todo, seguiremos reclamando que se lle dea información ao Comité de Empresa, que leva tempo solicitando informes sobre seguridade e sobre o estado da propia infraestrutura do parque móbil. Non é de recibo que dun Goberno local que se di progresista, o Comité de Empresa do Concello obteña só silencios como respostas, ao mesmo desprezo que en moitas ocasións recibimos o Grupo municipal da Marea de Vigo. conclúe o voceiro municipal.

Comentarios