Marta Fernández-Tapias destaca los programas de la Xunta de impulso a la formación para el empleo en la inauguración del Obradoiro Coidando Miñor

|

  •  A delegada da Xunta, Marta Fernández-Tapias, recorda que en conxunto o Goberno galego financiará con preto de 3 millóns de euros 9 obradoiros duais de emprego en 11 concellos da área territorial de Vigo, que permitirán contratar a 172 persoas
  • No caso de Coidando Miñor, 20 desempregados dos concellos de Gondomar, Nigrán e Baiona formaranse durante os vindeiros 9 meses en atención sociosanitaria, emprego doméstico e limpeza de edificios públicos e loca


A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, recordou hoxe que o Goberno galego financiará con preto de 3 millóns de euros nove obradoiros duais de emprego en 11 concellos da área territorial de Vigo, que suporán a contratación de 172 persoas.

Así o fixo con ocasión da inauguración de Coidando Miñor, o obradoiro de emprego no que 20 veciños dos concellos de Gondomar, Nigrán e Baiona formaranse durante os vindeiros 9 meses en atención sociosanitaria, emprego doméstico e limpeza de edificios públicos e locais.

Deste xeito, as persoas desempregadas que participan nestes programas, que desenvolven os concellos, mancomunidades e entidades sen ánimo de lucro do sector forestal, poden acceder a unha formación de calidade con opción a obter un certificado de profesionalidade e a un contrato de traballo. Ademais, tres dos nove obradoiros ofrecen incentivos á contratación en empresas da zona por un mínimo de 3 meses, o que axudará á inserción laboral de 42 persoas na comarca viguesa tras finalizar a súa etapa formativa.

Fernández-Tapias destacou así a tripla dimensión desta iniciativa, que fixa como obxectivo incrementar as oportunidades laborais dos galegos e galegas: mellorando a empregabilidade dos participantes ofrecéndolles unha formación para o emprego teórica e práctica de calidade da man dos expertos que a imparten; desenvolvendo actuacións de mellora en espazos públicos, así como a prestación de servizos de interese xeral e social; e colaborando coas entidades locais galegas para incrementar o emprego nos concellos.

“Experiencias formativas que teñen en conta a realidade social e económica de Galicia, adaptándose á demanda das empresas da contorna”, dixo, ao tempo no que salientou a simbioses entre formación e emprego como fórmula de éxito.

Estes obradoiros ofrecen formación e emprego a 20 persoas, que contarán cun contrato de traballo durante a súa participación na actividade e, ao finalizar etapa formativa, poderán acreditar as ensinanzas recibidas cun certificado de profesionalidade.

En concreto, segundo detallou, xunto con este Coidando MiñorGondomar promóvense en Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño o taller Sustentable; en Cangas Granxa da Rúa; en Moaña o Labora V; en Redondela a segunda edición do Redondela Máis que Bela; en O Porriño o obradoiro Porriño Labora; o Concello de Vigo contará cunha nova convocatoria do Vigo Capacita; Mos terá o taller Somos Mos; e a Mancomunidade de Vigo un obradoiro forestal nos montes vigueses.

Tal que como lembrou a delegada territorial, estes obradoiros duais súmanse aos cinco talleres anunciados o pasado mes de xuño para formar a 80 mozos e mozas menores de 30 anos nos concellos de Vigo (2), Redondela, Moaña e o Val Miñor, aos que o Executivo autonómico destina 1,8 millóns de euros na área territorial. Os participantes, ademais de recibir formación de calidade, contarán cun contrato de traballo de 12 meses de duración.

Apoio ao emprego local

A actuación enmárcase na aposta do Goberno galego por incrementar a inclusión laboral e a estabilidade dos galegos e galegas e por colaborar cos concellos na contratación de persoas desempregadas. Así, neste senso, destacan, entre outros, as axudas destinadas á contratación de 700 persoas perceptoras da Risga, que contan cun orzamento de 7,7 millóns de euros en toda Galicia para dar apoio a 165 concellos ou agrupacións de municipios; as axudas para apoiar a contratación de persoas sen emprego para a realización de servizos de interese xeral e social nas que este ano o investimento é de 1,5 millóns de euros para a contratación de 464 socorristas en 163 concellos galegos, ou o programa Aprol Rural para apoiar a contratación de 505 persoas sen emprego en 284 concellos a través dun investimento de sete millóns de euros.

O Executivo autonómico traballa así nunha recuperación económica que pon no seu eixo de actuación ás persoas mediante o seu benestar da man do emprego e a inserción laboral, feitos que non se entenden sen a adecuada e progresiva formación e capacitación.


Thumbnail 20211018ObradoiroCoidandoMinor



Comentarios