Marta Fernández-Tapias visita el Pelican of London, unos de los veleros que tomará parte en la ruta Iacobus Maris 2022

|

  • A delegada territorial da Xunta en Vigo destacou a importancia deste proxecto por canto contribuirá á proxección nacional e internacional do Xacobeo recreando a ruta marítima desde Jaffa ata Galicia

20211018VisitaPelicanofLondon


- A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, tivo ocasión de visitar hoxe o “Pelican of London”, uns dos buques escolas que tomará parte na Ruta Iacobus Maris 2022, que suporá unha réplica da ruta xacobea recorrida desde Jaffa ata Galicia.

Tal e como recordou, se trata da peregrinación marítima máis longa da historia: 3.400 millas, aínda que nesta ocasión con saída desde Génova. Deste modo, durante catro semanas, entre os meses de xuño e xullo do vindeiro ano, grandes veleiros recrearán este traxecto.

Neste sentido, Fernández-Tapias destacou a importancia deste proxecto por canto contribuirá á proxección nacional e internacional do Xacobeo 21-22. “Veleiros como o propio Pelican of London, o Atyla, o Gloria ou o Morgenstern atracaran en cidades cargadas de historia ondeando a bandeira deste Xacobeo, que como xa dixemos aspira a ser o mellor da nosa historia”, dixo.

“Eventos como esta ruta marítima contribúen de forma decisiva e sen lugar a dúbidas a colocar a Galicia no mapa, e a Vigo no lugar que se merece neste dobre Ano Santo, reivindicando o seu papel central no Camino de Santiago, no Camiño Portugués da Costa”, anotou.

Comentarios