Marea de Vigo instará al gobierno local en el próximo pleno a establecer un plan de prioridades de uso de los fondos europeos de reconstrucción.

|

Rubén Pérez: “Levamos meses denunciando opacidade con respecto ás prioridades do Goberno de Abel Caballero con respecto a estes fondos, coñecendo recentemente a nova de que se pretende financiar con eles actuacións de obra pública que xa estaban consignadas nos propios orzamentos municipais deste ano”.



O Grupo municipal da Marea de Vigo levará ao vindeiro Pleno unha mocion na que pretende “abordar” as diferentes posibilidades que dan os usos dos fondos europeos que estan chegando á administración do estado para ser derivados aos concellos, “fondos englobados na estratexia de recuperación e resiliencia, chamados fondos NextGenerationEU, que supoñen máis de 723.800 millóns de euros dos que ao estado español van corresponderlle 140.000, e dos que máis de 72.000 serán subvencións a diferentes liñas de actuacións que os concellos poderán solicitar ao longo dos vindeiros anos” detalla Rubén Pérez.

Algúns destes fondos están sendo xa operativos neste exercicio e outros estan comprometidos para o vindeiro 2022, “nos que diferentes actuacións en materia de comercio local ou de reconstrución económica, fomento do turismo, eficiencia enerxética,etc xa se están habilitando e foron solicitados por moitos concellos no conxunto do estado” matiza . “O que queremos esplicitar na moción é que existen, dentro dese Plan de Recuperación que o Goberno do estado español presentou á Union Europea e esta aprobou, moitas liñas con respecto ao uso destes fondos, incluso coa posibilidade da exploración de novas liñas” engade.

Marea de Vigo insta ao Goberno local a establecer un plan de prioridades de uso destes fondos a futuro, como poderia ser por exemplo a construción da potabilizadora do Casal, “coa súa consecuente diminución na factura da auga de todos os vigueses e viguesas” incide Pérez, ou outras cuestións en materia de protección social ou de vivenda, “coa posibilidade de creación de parque de vivenda en alugueiro social” engade.

Igualmente, Marea de Vigo propón o uso dos fondos europeos en actuacións como a reforma enerxética de edificios públicos municipais, ou as liñas de axuda para a implantación de Zonas de Baixas Emisions e a Transformación Dixital Sostible do Transporte Urbano, “da que non temos información algunha sobre se o Concello a solicitou a pesar de que o prazo para facelo xa rematou o pasado mes de setembro” sinala o voceiro.

“Queremos que se abra o debate no Pleno sobre cales son as prioridades que o Concello de Vigo debe entender no uso dos fondos europeos ante a absoluta opacidade que existe actualmente sobre este tema, non sabemos se hai unha estratexia global ou simplemente se vai improvisando a medida que van saíndo proxectos de obra pública que dende logo non debe ser o único urxente e necesario para o uso duns fondos que teñen que ver coa recuperación económica despois dunha situación de pandemia que ten tocado dunha maneira evidente a economía local” conclúe o voceiro municipal.

Comentarios