El barrio de Teis se manifiesta reclamando una biblioteca "real" ,más de 200 personas secundaron la convocatoria.

|

Ao berro de "biblioteca real e espazo cultural" ou non concibimos, biblioteca sen libros", as veciñas e veciños convocadas polas ANPAS dos colexios do barrio, a Asociación de Veciños, o Plan Comunitario máis Voces polo Litoral de Teis, reclamaron que a biblioteca que levan anos reclamando sexa unha realidade canto antes. 

Ao mesmo tempo deixaron claro que non van a aceptar que o edificio do antigo ambulatorio se converta nunha simple sala de lectura como as xa inauguradas en Navia ou no Auditorio Mar de Vigo, a veciñanza esixiu que o Concello asegure unha Biblioteca que cumpra con todos os requisitos.

A manifestación saíu dende o antigo Ambulatorio de Teis e transcorriu por Sanjurjo Badia ata a praza do Mercado de Teis.

Na intervención de Miguel Tizón en representación dos colectivos convocantes salientou que se chegaba a este acto despois de "moitos intentos de dialogo e participación co Concello, decidíndose dar este paso ante a negativa deste en asegurar que a instalación algún día van inaugurar vai cumprir con requisitos mínimos como son o dispor de préstamo e libros ou persoal bibliotecario". Miguel Tizón tamén animou á veciñanza a estar atentas aos distintos actos que os colectivos van convocar.

Anxo Igrexas pola Asociación de Veciños de Teis lembrou que o edificio do antigo ambulatorio leva pechado dende o 2002, e que dende xa fai tres anos está cedido ao Concello, polo que houbo tempo dabondo para facer realidade esta a biblioteca.

As ANPAS e o resto de colectivos reuniranse nos vindeiro días para decidir as próximas accións.

WhatsApp Image 2021 10 21 at 20.29.13


Comentarios