Voluntarios de 10 agrupaciones de protección civil participan en la delegación territorial de la Xunta en Vigo en un curso de formación en desfibrilación

|

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, sinalou que “mellorar a formación é unha das pezas craves para garantir a eficacia na prestación dun servizo que é esencial para todos os galegos”



A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, acompañou hoxe aos voluntarios de 10 agrupacións de Protección Civil da área de Vigo que participaron nun curso de formación en desfibrilación semiautomática externa (Desa) que consistiu nunha hora de formación teórica e outras catro horas de práctica.

Este curso vai dirixido a voluntarios, que xa teñan feito o curso básico de protección civil, e ten como obxectivo adquirir a formación necesaria para a utilización e manexo dos desfibriladores externos co fin de conseguir aumentar as taxas de supervivencia nos pacientes con morte súbita, conseguindo un acceso precoz a un sistema de emerxencias médicas. Tamén adquiren habilidades para acurtar os tempos para realizar reanimación cardiopulmonar e a desfibrilación precoz.

Neste contexto, Fernández-Tapias apuntou que “mellorar a formación é unha das pezas craves para garantir a eficacia na prestación dun servizo que é esencial para todos os galegos”.

Participaron voluntarios das agrupacións de voluntarios de Protección Civil de Vigo, Nigrán, Redondela, Marín, Mondariz, Tomiño, Ponteareas, Meis, Coristanco e A Pobra do Caramiñal.

Thumbnail 20211023CursoProteccionCivilDesfibrilacion


Comentarios