Los colectivos de Teis califican de inoportuna y desacertada las declaraciones de Abel Caballero

|

O xoves 21 de outubro os colectivos de Teis encabezados polas ANPAS convocamos unha concentración ante o antigo Ambulatorio de Teis apoiando a construción dunha biblioteca para o barrio de Teis e insistindo na características mínimas que está debía ter.

Ante o éxito da convocatoria a organización decidíu saír en manifestación ata o mercado de Teis, onde ao remate se puideron escoitar cales son as principais demamdas sobre este tema.

A resposta do Concello de Vigo non se fixo agardar e ao día seguinte o alcalde responde ao barrio nunhas declaracións públicas aos medio de comunicación.

Ante estas declaracións manifestamos o seguinte:

- Por unha banda parabenizamonos de que o Alcalde, unha vez máis, manifeste que Teis vai ter a biblioteca que se merece. Estas palabras serían suficientes se non fora porque xa vai para seis anos que manifestou o mesmo, e máis recentemente asegurou o inicio das obras no 2021 e a súa inauguración no 2022. A estas alturas seguimos sen ter novas da súa licitación e do seu proxecto (pese a ter sido solicitados en numerosas ocasións).

- Outra mención teñen as declaracións onde, nun intento de descalificar e desacreditar, liga as nosas accións pola biblioteca de Teis e as veciñas e veciños que acudiron á manifestación, cunha organización política tratando deste xeito de deslixitimar a demanda de todo un barrio. Na concentración dese xoves todas fumos testigos da diversidade existente.


Por todo isto calificamos de INOPORTUNA E DESACERTADA a intención de descalificar aos asistentes que non son máis que veciños e veciñas do barrio que se moveron co único obxectivo de apoiar a construción desta biblioteca e demandar que o barrio sexa escoitado e tido en conta.

Alegrámonos de que públicamente confirme a construción desta biblioteca, pero resúltanos insuficiente a estas alturas se non se nos traslada a documentación suficiente que así o asegure e se nos escoite como barrio nas demandas que temos sobre esta infraestructura.


Thumbnail WhatsApp Image 2021 10 21 at 19.06.27 (1)




Comentarios