Marta Fernández-Tapias, visitó el centro comercial abierto As Travesas con motivo de su reciente adhesión al programa del Carné Xove

|

  • A delegada territorial en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou a Asociación de comerciantes e empresarios das Travesas con motivo da súa recente adhesión
  •  Destacou o éxito deste programa, a través do que se achegan aos beneficiarios do carné ofertas e rebaixas nos produtos e servizos que ofrecen


A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou o centro comercial aberto As Travesas con motivo da súa recente adhesión ao programa do Carné Xove. Deste xeito, os usuarios poderán beneficiarse de descontos nos produtos e servizos de máis dunha vintena de negocios que forman parte desta asociación, tales como ópticas, zapaterías, xoierías, lavanderías ou clínicas dentais, entre outros.

Acompañada pola presidenta dos comerciantes e empresarios da zona, Ana Mª Diéguez Fernández, a representante autonómica destacou a importancia desta iniciativa, por canto supón un aliciente para a dinamización do comercio local.

Así, indicou que a súa finalidade é facilitar á xente nova de entre 12 e 30 anos, mediante a colaboración dos establecementos adheridos, o acceso a diferentes servizos mediante descontos e vantaxes. Unha iniciativa que, segundo detallou, conta con máis de 290 establecementos incorporados de diferentes eidos na área territorial de Vigo, e “segue a medrar con esta nova adhesión”.

Xa para rematar, a delegada territorial recordou que a expedición do Carné Xove é gratuíta e cunha vixencia permanente, sen necesidade de renovación, ata que o usuario cumpra os 31 anos.

Thumbnail 20211030CarneXoveTraviesas



Comentarios