Marea de Vigo considera que la marcha del Evrima de Santander es la constatación de una gran estafa a la ciudad de Vigo y al sector de la construcción naval.

|

Rubén Pérez: “A situación do naval vigués require dunha fonda reflexion da cidade de Vigo sobre porque permitimos esta estafa, absolutamente demencial, diante das nosas narices e sen ningún tipo de acción proactiva por parte das administracións públicas, tanto as que teñen competencia como as que deberían estar defendendo un sector estratéxico da cidade”



Marea de Vigo ten denunciado en numerosas ocasións a situación que se estaba vivindo no estaleiro Barreras ao respecto da entrada dos últimos accionistas, Ritz-Carlton, para a construción do buque Evrima. “O capítulo que coñecemos hoxe – sinala Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal - , é a 'espantada final', neste caso tamén do grupo que estaba levando a cabo os últimos traballos do buque no estaleiro de Santander tras marchar de Vigo sen futuro definido”.

Tal e como vaticinou a Marea de Vigo, “o barco vaise sen destino, e o barco non vai volver a Vigo, xerando aínda máis incerteza tanto sobre o pago das débedas á industria auxiliar como sobre quen vai facerse cargo a partir de agora do estaleiro Barreras” apunta o voceiro.

Marea de Vigo esíxelles ás administracións públicas con máis competencias, Goberno do estado e Xunta, “que actuen de maneira inmediata e antes de perder máis capacidade de rexenerar o sector” matiza Pérez. “Mais tamén ao Alcalde de Vigo, xa que é preciso que o Concello se mobilice na defensa de sectores estratéxicos que durante moitas xeracións deron emprego e riqueza a nosa cidade, como é o caso da construción naval” conclúe

Comentarios