Marta Fernández-Tapias conoce en Cabral las obras realizadas por comunidad de aguas de Carballal al amparo del plan específico de acción comunitaria

|

  • A delegada territorial da Xunta en Vigo puido comprobar o estado dos traballos realizados por esta corporación, unha das 43 entidades beneficiarias destas axudas no conxunto da área viguesa con máis de 600.000 euros
  •  O Goberno galego financia a través desta convocatoria obras nas instalacións de asociacións de veciños e mulleres rurais e de comunidades de usuarios de auga, así como a adquisición de equipamento ou reparación de traídas de auga
  •  Recorda que ata o vindeiro 15 de novembro está vixente o prazo para que as entidades beneficiarias poidan executar e xustificar o proxecto subvencionado


A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Marta Fernández-Tapias, visitou hoxe a Comunidade de Usuarios de Augas de Carballal, en Cabral, unha das 27 corporacións de esta natureza beneficiarias da convocatoria de axudas incluídas no Plan específico de acción comunitaria.

A representante autonómica puido coñecer así o estado das obras realizadas ao abeiro deste programa, polas que recibiron 12.000 euros para o acondicionamento do cuarto de filtración e cloración, para a construción dunha arqueta e válvula redutora e para a reparación e substitución de chaves de paso.

Neste contexto, Fernández-Tapias informou que as comunidades de usuarios de augas, incluídas na orde, poden destinar estas axudas a obras de mellora, reforma e reparación das infraestruturas e instalacións das traídas de auga comunitarias.

En canto ás asociacións de veciños e asociacións de mulleres rurais beneficiarias tamén no marco destas achegas, reciben apoio para financiar os seus proxectos relacionados co acondicionamento, reforma e ampliación dos locais sociais e compra de novos equipamentos, o que lles permite manter o seu funcionamento, a prestación de novos servizos e a organización de actividades.

A Xunta destinou este ano 2,5 millóns de euros a esta liña de axudas con 43 subvenciones concedidas na área territorial de Vigo por importe de 601.241 euros, dos que 368.437 euros correspóndense coas 27 Comunidades de usuarios de augas beneficiarias, tal e como subliñou a delegada. En canto ao concello vigués, foron 14 as asociacións beneficiarias con máis de 201.000 euros, incluídas a comunidade de usuarios de augas de Patas, Rans, Pividal, Nogueira, Remesil, Carballs, Grilleira e Molares, a de Xestoso e Carballal.

Fernández-Tapias remarcou a aposta da Xunta por atender ao asociacionismo veciñal, “que é o que mellor coñece -dixo- as necesidades reais da veciñanza”, contribuíndo a mellorar a calidade e vida local mediante investimentos tanto de obras nos locais sociais como na dotación do equipamento para levar a cabo as súas actividades.

Asemade, a delegada recordou que aínda está vixente o prazo, ata o 15 de novembro, para que as entidades beneficiarias poidan executar o proxecto subvencionado e presentar a correspondente xustificación dos investimentos realizados. “O ampliamos co fin de facer viable o proceso e posibilitar o cumprimento do procedemento de xestión”, remarcou.


20211104ComunidadAugasCarballal



Comentarios