El BNG de Vigo tacha de ‘copia y pega’ los presupuestos municipales para 2022 que ignoran los efectos de la crisis de la Covid

|

  • Xabier P. Igrexas: “O Goberno municipal volve elaborar unhas contas en réxime de monólogo, sen escoitar a ninguén, sen máis opinión que a do grupo municipal socialista”.
  • A fronte nacionalista inicia contactos co tecido asociativo para preparar emendas ao presuposto aprobado esta semana pola Xunta de Goberno.






O Bloque Nacionalista Galego rexeitou este xoves o proxecto de orzamentos de Vigo para 2022, que o Goberno municipal vén de aprobar. A fronte nacionalista tachou as contas anunciadas polo alcalde, Abel Caballero, de “copia e pega” e criticou que se teñan elaborado sen contar co resto de forzas políticas nin co tecido asociativo e os movementos sociais da cidade.

“Estas contas insisten en máis do mesmo, con partidas que xa estaban incorporadas non só nos orzamentos en vigor de 2021, senón tamén en presupostos anteriores que non foron executados”, denunciou o concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, que considerou que ademais ignoran o actual contexto “como se Vigo non estivese a enfrontar os gravísimos efectos a nivel social, laboral, produtivo e comercial da crise derivada da pandemia da Covid-19”.

Igrexas criticou que os orzamentos se teñan redactado outra vez sen diálogo. “O Goberno municipal volver elaborar unhas contas en réxime de monólogo, sen escoitar a ninguén, sen máis opinión que a do grupo municipal socialista”, salientou o portavoz municipal da fronte nacionalista.

Por estes motivos, desde o BNG veñen de iniciar unha rolda de contactos coas asociacións veciñais para preparar unha batería de emendas aos orzamentos municipais de 2022 que, en opinión das nacionalistas, deben responder ás necesidades reais das viguesas e vigueses e dos barrios e parroquias e non a “esa visión caprichosa de Caballero que reduce a política municipal a puro fasto, a política aparencial de propaganda”.

O concelleiro do BNG afeou as declaración do alcalde de Vigo onde cualificaba estas contas como as máis elevadas da historia da cidade. Igrexas recordou que o actual orzamento para 2021 ascende a 362 millóns de euros, fronte os 285 millóns que prevé para o próximo exercicio. Censurou tamén que se presenten como uns presupostos sociais, cando en Vigo hai a día de hoxe máis de 60.000 persoas en risco de exclusión social e pobreza,

“A política social é moito máis que números nun papel, ten que ser de feitos, non só de cifras. E neste sentido queremos denunciar que nun contexto de gravísima crise social, con centenas de familias traballadoras facendo cola para recolleren alimentos, o goberno de Abel Caballero non gastou nin un só euro da partida ridícula de 560.000 euros para axudas de alimentación e vivenda”, subliñou o portavoz da fronte nacionalista.

Na mesma liña, Igrexas sinalou que a finais de setembro deste ano só catro de cada dez euros do actual orzamento foron executados. “Este 2021 volveu demostrar que Vigo ten un goberno soportado nunha maioría tan absoluta como absolutamente inútil á hora de executar os seus orzamentos”, dixo Igrexas, que engadiu que o actual Goberno municipal só levou adiante o 15% dos investimentos, con 34 proxectos de humanización anunciados reiteradamente sen iniciar.

A fronte nacionalista anunciou o seu compromiso para que as contas municipais prioricen as políticas sociais e de emprego, revertan a situación de desertización cultural, despreguen políticas realmente feministas, avancen na sustentabilidade ambiental, aposten pola promoción da práctica deportiva e blinden os servizos públicos que presta o Concello de Vigo.

Comentarios