Marea de Vigo denuncia que la ampliación de cinco años de la concesión de Vitrasa fue “una absoluta inutilidad” que no evita la reclamación patrimonial de la empresa concesionaria y no permite cambiar el actual sistema tarifario.

|

Marea de Vigo acusa ao Goberno local de mentir cando dixo que a ampliación era unha oportunidade para corrixir os “agravios económicos” sobre a concesionaria. “A realidade é que durante cinco anos non imos poder modificar nada sobre o sistema tarifario, tendo a maiores unha reclamación de 15 millóns de euros que acabará nos xulgados” sinala Rubén Pérez, voceiro municipal.







O pasado venres, a Xunta de Goberno local decidiu non atender á “enesima” reclamación económica da empresa concesionaria de transporte urbano de Vigo, VITRASA. Un total de 15 millóns de euros que a empresa lle reclama ao Concello dende o pasado ano 2020, feito polo que Marea de Vigo esixe unha explicación inmediata por parte do Goberno local, “xa que dixeron que a última ampliaciòn da concesión de cinco anos ía permitir amortizar gran parte desa reclamación patrimonial que fai a empresa ao Concello - apunta Rubén Pérez -, cando o que realmente temos son cinco anos máis de concesión co mesmo sistema tarifario que fai que teñamos que estar compensando sempre a VITRASA por non acadar os vinte millóns de pasaxeiros/as, e que calquera actuación de carácter proactivo que pretenda facer o Goberno local, como poden ser os billetes ao CUVI ou os billetes de transferencia, modifican substancialmente as condicións do contrato e significa que hai que compensar económicamente á empresa concesionaria”.

Para a Marea de Vigo, a realidade sobre a concesión de transporte urbano é “unha falla absoluta de control sobre a concesión e unha falla absoluta de vontade para ter un transporte público digno con abonos mensuais ou anuais como teñen a maior parte das grandes cidades” matiza o voceiro. “O que temos enriba da mesa é unha falla de compromiso do Goberno de Abel Caballero cun transporte municipal público e digno e que evite a entrada de miles de vehículos privados no día a día desta cidade causando unha situación insostible” engade.

Marea de Vigo seguirá apostando pola remunicipalización do servizo de transporte urbano da cidade e insiste na necesidade de comezar xa o seu estudo. “En todo caso, mentres estea concesionado, debe estar baixo un seguimento exhaustivo do funcionamento do mesmo que fiscalice cada decisión administrativa” conclúe Rubén Pérez.

Comentarios