La Xunta ratifica su apoyo al club ciclista Rías Baixas, campeón del ranking *élite nacional, para que en el año 2022 se extiendan los éxitos de 2021

|

  • Neste 2021 a axuda do Plan de Patrocinio Publicitario da Fundación Deporte Galego ao equipo ciclista sobe nun 35% ata acadar máis de 40.000 euros


O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa e a delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández Tapias, participaron na recepción ao Club Ciclista Vigo Rías Baixas que vén de rematar a tempada 2021 no primeiro posto do ránking elite por equipos estatal, a máxima categoría do ciclismo non profesional. Este fito nunca antes acadado pola entidade, valeu para que Lete Lasa definira a tempada do club olívico como “a mellor da súa historia”.

O secretario xeral gabou este éxito e outros colleitados polo club vigués ao longo de 2021 como a presenza de dous corredores como Miguel Ángel Fernández e Benjamí Prades no top cinco do ránking individual nacional ou o primeiro título de Campión de España Elite conseguido polo propio Benjamí Prades en Alicante. Tamén destacou o excelente currículo do guía abulense Noel Martín e recalcou a importancia dos deportistas de apoio como manifesta a Xunta nas súas Axudas DGAN na que reciben a mesma contía que os deportistas paralímpicos ou adaptados.

Lete Lasa asegurou que, do mesmo xeito que se estende o Xacobeo ata o ano 2022, o camiño de éxitos do Rías Baixas estenderase tamén un ano máis, precisamente, no que se cumpre o décimo aniversario do equipo Elite sub23. Neste sentido ratificou o apoio da Xunta de Galicia que neste ano 2021 vén de subir nun 35% o patrocinio do equipo ciclista ao abeiro do pan de equipos de alta competición da Fundación Deporte Galego, ata máis aló dos 40.000 euros.

Pola súa banda, a delegada da Xunta en Vigo asegurou que “son moitas as alegrías que nos deu o Rías Baixas neste ano. Un gran palmarés, con 18 vitorias, do que sentirse orgullosos. Esta é a mellor demostración de que con traballo, dedicación, esforzo e sacrificio todo chega


Thumbnail IMG 8932



Comentarios