A.V. de Teis, considera una discriminación, que Teis quede sin pantallas acústicas, en la AP9.

|

O boletín oficial do Estado (BOE) publicaba onte o anuncio polo se somete a información pública o proxecto de construción de pantallas acústicas na autoestrada AP9, tramo enlace O Morrazo enlace Teis. Está actuación só vai permitir colocar pantallas nas parroquias de San Adrián de Cobres, de Cabanas e de Chapela, pero non en Teis.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, consideramos unha discriminación que o tramo entre Teis e Vigo, fique sen pantallas acústicas.

Levamos varios anos reivindicando unha actuación urxente na autoestrada AP9, en relación a contaminación acústica, no tramo desde Padín até o centro da cidade e agora, agora a concesionaria vai realizar unha actuación no acceso a cidade e exclúe o tramo Teis-Vigo.

O Plan de Acción contra o Ruído 2ª fase das estradas da rede do Estado en réxime de concesión, pendente da súa aprobación desde 2016, recolle 26 zonas de actuación no Estado para reducir a contaminación acústica, entre elas unha actuación no tramo Teis- Vigo, pois como recolle o mapa Estratéxico do Ruído (MER) elaborado por Audasa en 2012, recolle datos moi preocupantes de contaminación acústica en Teis.

O mapa estratéxico do ruído (MER) elaborado por Audasa en 2012, recolle datos moi preocupantes que afectan ao barrio de Teis, que un total de 5.000 domicilios e 13.500 persoas están expostas a máis de 55 dB. En Teis, hai veciños que soportan valores superiores a 60 dB, perto de 4300 veciños/as.

O Plan nas proposta de zonas de actuación, recolle tres tipos de grao de actuación: alto, grao medio e grao alto, tendo en conta o número de persoas afectadas e actividades sensíbeis pola contaminación acústica. A zona de Teis figura como grao alto.

É un escándalo, que o tramo Teis-Vigo, un dos máis poboados e con maior contaminación acústica, non se inclúa na instalación de pantallas acústicas. Cando é un tramo con vivendas a escasos metros da autoestrada e que padecen o barullo da autoestrada desde hai décadas, sen que a concesionaria e o goberno central, actuarán até o de agora.

Desde a Asociación, ímonos dirixir por escrito a Raquel Sánchez, Ministra de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana e a Abel Caballero, Alcalde de Vigo. No caso da ministra para que esixa a concesionaria Audasa,que inclúa o tramo Teis-Vigo e o Alcalde, para que presione ao goberno central e non permita unha vez esta discriminación, que é xa reiterada.

Comentarios